Recomendacións de cómic infantil e xuvenil editado en 2018

Komic Librería


Se hai un par de días compartiamos aquí as nosas recomendacións de cómics españois editados en 2018 por petición do Rei Mago Baltasar, hoxe tócalle o turno ao seu compañeiro Gaspar, que pregunta polas obras máis salientables dirixidas cara o público infantil e xuvenil. Todo un universo no que non deixan de aparecer títulos recomendables para a nosa ledicia e a dos primeiros lectores e lectoras, e no que imos diferenciar entre as novidades aparecidas durante 2018 e as series xa abertas das que sairon números novos.


SERIES ABERTAS

Dentro dos novos números de series abertas cómpre falar dalgunhas das nosas coleccións preferidas como Solos (o quinto integral das misteriosas aventuras dun grupo de nenos por sobrevivir nun mundo sen adultos), Súper Patata (o noso tubérculo favorito xa vai pola súa oitava entrega), Leñadoras (terceiro número desta serie protagonizada por cinco intrépidas rapazas), o cuarto e divertidísimo tomo de Dad ou o terceiro volume da magnífica serie El castillo de las estrellas. Imposible non mencionar o terceiro e derradeiro tomo de Las luces del norte, que pecha esta estupenda adaptación literaria.

Komic Librería

Komic Librería

Tamén temos que comentar a chegada de novas e agardadas entregas nalgún dos títulos infantís máis aprezados polos pequenos komiqueiros, como son Federico, a cría de foca e as súas simpáticas aventuras, Astro Rato, o astronauta roedor, ou Cecilia Van Helsing, unha pequena investigadora acompañada do seu can Moquillo.


NOVIDADES

En canto ás novidades que o 2018 deixou dirixidas ao público infantil e xuvenil, ademais de nomear a nova edición de todo un clásico como Pumby, escollemos os seguintes dez títulos:

Pumby

Los diarios de Cereza

Los diarios de Cereza
Joris Chamblain / Aurélie Neyret

Alfaguara
Tomos: 4





Frnck

Frnck
Cossu / Bocquet / Guillo

Dibbuks
Tomos: 2





La mujer leopardo, una aventura de Spirou

La mujer leopardo, una aventura de Spirou
Yann / Schwartz

Dibbuks
Tomos: 1




Vampi

Vampi
José Fonollosa

Grafito
Tomos: 1





Gol

Gol
Tokio

Demo Editorial
Tomos: 1




La guerra de Catherine

La guerra de Catherine
Julia Billet / Claire Fauvel

Astronave
Tomos: 1




El cartero del espacio

El cartero del espacio
Guillaume Perreault

Juventud
Tomos: 1





La sociedad de los dragones de té

La sociedad de los dragones de té
Katie O’Neil

La Cúpula
Tomos: 1





El pavoroso miedo de Epifanía Susto

El pavoroso miedo de Epifanía Susto
Gauthier / Lefèvre

Norma
Tomos: 1




Narval, unicornio marino

Narval, unicornio marino
Ben Clanton

Juventud
Tomos: 1