25 de xullo: Santiago de Compostela, a cidade de pedra, nas viñetas

Batman Demon


Mañá celebramos o Día de Santiago, e coidamos que é un bo momento para revisar as aparicións da nosa cidade, Santiago de Compostela, na banda deseñada. Unha pequena selección variada e sorprendente que de seguro interesará aos nosos lectores máis «picheleiros»:


Aleida, cidade sen alma

Aleida, cidade sen alma

Víctor Boullón
2016
Komic Librería / Demo Editorial

Unha magnífica historia de intriga e aventuras protagonizada por unha intrépida nena na Compostela do século XII, un álbum orientado cara o público xuvenil pero recomendable para tódalas idades do que xa vos temos falado nesta páxina.


Mascarón de proa

Mascarón de proa

Mariano Casas
2017
Cuocio

O prolífico Mariano Casas explora os límites da realidade neste relato ambientado na nosa cidade onde, curiosamente, fan un pequeno cameo dous libreiros que se cadra coñecedes… Podedes atopar máis información sobre ela aquí.

Mascarón de proa












Punto de fuga

Punto de fuga

Miguel Cuba
2011
Demo Editorial

Nesta estupenda historia realista, protagonizada por un profesor de debuxo a piques de cumprir os trinta anos, cunha extensa formación académica pero tamén con serias dificultades para enfiar a súa carreira profesional, Compostela aparece como escenario principal. Unha chea de lugares recoñecibles e diversos da cidade aparecen neste libro que non cansamos de recomendar.

Punto de fuga











Ulf de Jakobsland, os viquingos en Galicia

Ulf de Jakobsland, os viquingos en Galicia

Alberto Varela Ferreiro
2018
Xerais

Cunha abondosa documentación o autor fálanos das distintas incursións que os pobos viquingos fixeron na nosa terra entre o século IX e o XI, saqueos nos cales a cidade compostelá era un obxectivo máis que gorentoso para os piratas do norte.


Un noruego en el Camino de Santiago

Un noruego en el Camino de Santiago

Jason
2017
Astiberri

O historietista noruegués, unha das voces máis persoais da bd europea do século XXI, expón aquí a súa experiencia como peregrino nun álbum que, por suposto, tamén comentamos hai tempo.

Un noruego en el Camino de Santiago











Ramiro

Ramiro

Vance / Stoquart
2012
Ponent Mon

Neste relato de corte histórico ambientado na Idade Media o protagonista percorre a península, rematando as súas aventuras diante do mesmiño Pórtico da Gloria. Xa vos falaramos dela no momento da súa publicación.

Ramiro


























Dédalus en Compostela

Dédalus en Compostela

Fernando Iglesias (Kohell)
2015
Fundación Risco e Deputación de Ourense

Cun tremendo acerto, tanto na parte narrativa como na gráfica, afronta Kohell a difícil tarefa de plasmar nas viñetas o texto orixinal de Vicente Risco, onde o propio intelectural ourensán parola e pasea por Santiago con Stephen Dédalus, alter ego de James Joyce.


Batman Demon

Batman Demon

Alan Grant / David Roach
1996
Planeta

Esta historia do home morcego non está ambientada en Compostela, senón en Gotham City, pero na escura urbe aparece unha catedral que resulta tremendamente familiar…

Batman Demon




















La Patrulla-X, el don

James Pruett / Mike Deodato Jr.
Fórum

Ao igual que no caso anterior a acción está situada nos Estados Unidos, en Nova York, pero alí atopamos, cousa rara, certa catedral moi semellante á de Gotham e a unha que podemos aprezar dende o Obradoiro…

La Patrulla-X, el don


La Patrulla-X, el don


































Hellboy, la mano derecha del destino

Hellboy, la mano derecha del destino

Mike Mignola
2006
Norma

O entrañable e varudo demo vermello visita o Pórtico da Gloria nun dos seus relatos curtos, malia que a espectacular portada medieval apareza situada estrañamente nunha vila guipuscoana.

Hellboy, la mano derecha del destino



































La Casa de la Troya

La Casa de la Troya

Jaime Asensi
2018
Teófilo Edicións

A coñecida novela de Alejandro Pérez Lugín atopa aquí a súa adaptación á banda deseñada da man de Jaime Asensi, que emprega o seu talento para mostrarnos de xeito costumista a vida universitaria compostelá de finais do século XIX.


O misterio do Pico Sacro

O misterio do Pico Sacro

Rafael Saldaña
2014
Deputación da Coruña

Este título acadou a condición de finalista do Premio Castelao de banda deseñada no ano 2013 cunha interesante mestura de fantasía e misterio onde Santiago e os seus arredores xogan un papel fundamental.


Abastos

Abastos

Paco Abelleira / Pedro Colombo / Sagar Fornies / Víctor Rivas / Beatriz Iglesias
2015
3 Pintamonas

Guión de Paco Abelleira e debuxos de Pedro Colombo, Sagar Fornies, Víctor Rivas e Beatriz Iglesias. Outro bo exemplo de Compostela como escenario de bd e outra obra máis que recomendable.


Advaita

Advaita

Iván Sende
2015
Diábolo Ediciones

Primeira incursión no mundo do cómic do ilustrador vedrés Iván Sende, da que xa vos falamos aquí. Un relato autobiográfico, atípico e moi honesto sobre a procura da espiritualidade por parte do propio autor, incluíndo un percorrido polas tradicións budistas, as técnicas de meditación e a combinación destes estudos e coñecementos coa vida cotiá nunha cidade como Santiago de Compostela.


15 Historietas de Ciencia-Ficción Oscura

15 Historietas de Ciencia-Ficción Oscura

VV.AA.
2012
Diábolo

Esta recompilación inclúe a historia curta «Sálvese quién pueda», con guión de Manolo L. Poy e debuxos de Miguel Fernández, que ofrece unha visión postapocalíptica da catedral de Santiago de Compostela na súa primeira páxina.

15 Historietas de Ciencia-Ficción Oscura