Recomendacións para Papá Noel: os nosos cómics internacionais preferidos de 2019

Komic Librería: cómics recomendados


Se a pasada semana compartíamos convosco as nosas recomendacións para o Apalpador, revisando as novidades aparecidas na bd galega durante este 2019, hoxe tócanos responder á solicitude de Papá Noel que, ao ser un home de mundo, pregunta polos cómics internacionais máis salientables destes últimos doce meses. E debemos recoñecer que non foi doado escoller entre tantos títulos gorentosos. Evidentemente quedaron fóra desta lista moitas obras que nos encantaron, pero pensamos que as elixidas compoñen unha oferta ben interesante e variada:


Ventiladores Clyde

Ventiladores Clyde
Seth
Salamandra Graphic

Ler recensión >

A grande obra mestra dun autor tan único como interesante, na que relata de maneira excepcional a vida de dous irmáns propietarios dunha empresa de ventiladores co seu característico aquel nostálxico.


Rusty Brown

Rusty Brown
Chris Ware
Random House

Un novo exemplo do incrible, minucioso e perfeccionista estilo de Ware, que desta volta recupera a varios personaxes de obras anteriores e recrea as súas vidas dende a infancia ata a nenez. Todo un universo enteiro comprimido nun libro abraiante.


En un rayo de sol

En un rayo de sol
Tillie Walden
La Cúpula

Cos dous volumes deste romance intergaláctico a historietista norteamericana consolídase, malia a súa mocidade —23 anos—, como unha das grandes artistas da novena arte. O amor, a familia e as segundas oportunidades contadas dun xeito absolutamente fascinante.


El beso número ocho

El beso número ocho
Coleen AF Venable / Ellen T. Crenshaw
La Cúpula

Ler recensión >

Un conmovedor relato que gira alrededor de la importancia de aceptarnos tal y como somos, protagonizado por una estudiante de secundaria que vive una auténtica montaña rusa emocional. Sin duda, para nosotros, una de las sorpresas del año.


Esos días que desaparecen

Esos días que desaparecen
Timothé Le Boucher
Dibbuks

Ler recensión >

Cunha excelente dosificación da intriga narrativa chega esta historia protagonizada por Lubin, un rapaz de vintetantos anos ao que lle comezan a desaparecer días na súa vida… Unha das lecturas que máis recomendamos, e que máis nos agradeceron, este ano.


El dios vagabundo

El dios vagabundo
Fabrizio Dori
ECC

A particular odisea de Eustis, un sátiro que formou parte da corte do deus grego Dionisos pero que logo foi condenado a unha existencia mundana, é o eixo deste álbum magnificamente debuxado e coloreado. Unha auténtica marabilla.


Mi vida en barco

Mi vida en barco
Tadao Tsuge
Gallo Nero

Tsuge, unha das voces máis persoais e interesantes do manga, preséntanos aquí un magnífico relato intimista protagonizado por un escritor de mediana idade que merca un pequeno bote para pescar no río e procurar inspiración para os seus escritos.


¡Vivan las vacas!

¡Vivan las vacas!
Pascal Rabaté / David Prudhomme
Barbara Fiore

Ler recensión >

O enorme poder de observación e o fino humor de Rabaté e Prudhomme fan deste álbum, que recrea un día de veraneo vacacional nunha localidade turística costeira, un divertidísimo e retranqueiro retrato costumista.


Vidas paralelas

Vidas paralelas
Olivier Schrauwen
Fulgencio Pimentel

O inclasificable autor belga deixounos este anos dúas novas mostras do seu talento único e da súa liberdade creativa, por unha banda estes seis relatos de ciencia-ficción surrealista entrelazados nos que reflexiona sobre as relacións humanas, e pola outra Guy, retrato de un bebedor (realizado xunto con Ruppert e Mulot), unha viaxe delirante que enlaza a piratería e a picaresca coa metalinguaxe. Xa volo avisamos: inclasificable.


Barrera

Barrera
Brian K. Vaughan / Marcos Martín / Muntsa Vicente
Gigamesh

O equipo creativo de The Private Eye vólvenos fascinar con esta historia multilingüe sobre migracións, fronteiras e abducións protagonizada por unha rancheira estadounidense e un inmigrante hondureño.