Selección de cómics para unha biblioteca inclusiva

¡Sonríe!


Dende hai anos son moitos os centros de ensino que confían en nós para ir completando as súas bibliotecas con obras axeitadas para empregar como ferramentas didácticas. A gran diversidade de xéneros, estilos e temáticas permítenos atopar títulos recomendables para as distintas idades do alumnado e para as necesidades que cada mestre ou mestra nos solicita. Nestas últimas semanas foron varios os colexios ou institutos que nos demandaron bandas deseñadas cunha temática inclusiva, polo que pensamos que non estaría de máis compartir unha pequena selección convosco, por se a alguén lle fose de axuda. Aquí vos deixamos as doce que consideramos imprescindibles, coa idade recomendada para cada unha:


Llamadme NathanLlamadme Nathan
Catherine Castro / Quentin Zuttion
Astiberri
Tomos: 1
+14

O difícil camiño que percorre un adolescente transxénero para poder ser quen sempre se sentiu.


Matar un ruiseñorMatar un ruiseñor
Fred Fordham
Random
Tomos: 1
+12

A adaptación gráfica da famosa novela de Harper Lee, un dos alegatos contra o racismo máis salientables da literatura.


El beso número ochoEl beso número ocho
Colleen AF Venable / Ellen T. Crenshaw
La Cúpula
Tomos: 1
+14

Estupendo título sobre aceptarnos a nós mesmos/as e aos que nos rodean tal e como somos. Aquí podedes atopar máis información sobre esta sorprendente novela gráfica.


Subnormal, una historia de acoso escolarSubnormal, una historia de acoso escolar
Fernando Llor / Miguel Porto
Evolution
Tomos: 1
+10

A dura e coñecida historia real vivida por Iñaki Zubizarreta, ex-xogador de baloncesto profesional que sufriu un severo acoso durante a súa infancia e adolescencia.


SupersordaSupersorda
Cece Bell
Maeva
Tomos: 1
+8

Obra autobiográfica na cal a autora fala da perda de audición cando era cativa e o aillamento que lle provocou, e como conseguiu revertir a situación.


María y yoMaría y yo
Miguel Gallardo
Astiberri
Tomos: 1
+12

Unha das obras españolas máis salientables de temática social. O autor, Miguel Gallardo, cóntanos a súa relación e das súas experiencias coa súa filla María, que ten autismo. Hai unha segunda parte titulada María cumple 20 años.


¡Sonríe!¡Sonríe!
Raina Telgemeier
Maeva
Tomos: 1
+10

Afrontar a adolescencia non é doado, e menos cando estás obrigada a levar un aparato dental. Outro libro autobiográfico narrado con honestidade e realismo.


Dúas moedasDúas moedas / Dos monedas
Núria Tamarit
Retranca (Galego)
La Cúpula (Castellano)
Tomos: 1
+ 12

Unha agradable e fermosa ollada cara a realidade cotiá de África, a través dos ollos dunha moza europea que acompaña á súa nai nunha misión de cooperación en Senegal.


NómadesNómades
Xosé Tomás
Galaxia
Tomos: 1
+ 12

Varios relatos que comparten protagonismo feminino, falándonos dende a perspectiva de distintas mulleres inmigrantes.


Érase una vez dos princesasÉrase una vez dos princesas
Katie O'Neill
La Cúpula-Brúfalo
Tomos: 1
+10

Reviravolta dos contos de fadas, princesas e cabaleiros clásicos, derribando un dos clixés do xénero.


Patrulla X: Dios ama, el hombre mataDios ama, el hombre mata
Chris Claremont / Brett Anderson
Panini
Tomos: 1
+9

Un título de superheroes onde podemos ver claramente o tema do racismo. A Patrulla-X (os X-Men) son mutantes, unha especie distinta á humana, e esta obra fala dos seus problemas de aceptación.


PiruetasPiruetas
Tillie Walden
La Cúpula
Tomos: 1
+14

O emotivo relato da experiencia da autora dende a súa infancia ata o final do instituto.