Novo servizo de solicitude de cómics e asesoramento a distancia para as datas do Nadal

Komic Librería


Achéganse xa as datas do Nadal e este ano, co obxectivo de facer máis doadas e seguras as vosas compras, querémosvos ofrecer un novo servizo durante a campaña navideña. Trátase da posibilidade de realizar os vosos pedidos a través do noso correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , para que despois os poidades recoller na librería. Deste xeito tentaremos reducir o amoreamento de xente no interior de Komic Librería, e evitar así mesmo que teñades que agardar no exterior.

O servizo funcionará do seguinte xeito: ao recibir os vosos correos mandarémosvos o antes posible unha contestación pola nosa parte, indicándovos cando poderiades pasar a recoller o libro ou os libros solicitados. Ofrecémosvos tamén o noso servizo de asesoramento a través do correo electrónico, para vos presentar distintas alternativas e que escollades sen problema as opcións que mellor se adapten ás vosas necesidades.

Iso si, lembrade que as nosas portas estarán abertas con total normalidade, agás pola limitación do aforo de clientela a 4 persoas.

Agardamos que esta iniciativa vos resulte útil: recibide un afectuoso saúdo da nosa parte.