Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en xuño de 2013

Komic Librería: Top 10 Novidades Editoriais Xuño 2013


Presentámosvos o Top 10 de Komic Librería, un ranking coas novidades editoriais que máis nos chamaron a atención de todas as aparecidas durante o pasado mes de xuño.


10

Esto se ha hecho mil vecesEsto se ha hecho mil veces
Xabi Tolosa
¡Caramba!

15 Eur


Escolma do webcomic do mesmo título, neste divertido tomo Xabi Tolosa vainos contar, cun certo minimalismo gráfico e altas doses de humor e retranca, o seu día a día acompañado do seu gato Camarón.


09

Los 6 viajes de Lone SloaneLos 6 viajes de Lone Sloane
Philippe Druillet
EDT Editores De Tebeos
19,95 Eur


Unha das obras máis rechamantes da ciencia-ficción europea clásica, realizada nos anos sesenta e setenta por Druillet, e na que mostra as aventuras de Lone Sloane, un terrestre de ollos vermellos que se rebela perante o Emperador do Universo e viaxa por toda a galaxia. O barroquismo psicodélico e rupturista das súas páxinas, e un guión cheo de recursos oníricos, convirten esta saga nunha lectura obrigada para os amantes da novena arte.


08

Buen PerroBuen Perro
Graham Chaffee
Ediciones La Cúpula
14 Eur


Como xa vos falamos hai unhas semanas, neste título descubriremos as andainas de Iván, un can da rúa que busca o seu lugar no mundo, e as peripecias que vive nesta procura, nun relato tenro e conmovedor (mais realista) que gustará a todo tipo de público.


07

Punk Rock JesusPunk Rock Jesus
Sean Murphy
ECC Ediciones
16,95 Eur


O reality-show definitivo: clonar a Xesucristo a partir do ADN presente na Santo Sudario, e reproducir todo o proceso, dende o embarazo ata a infancia, con cámaras a gravar durante 24 horas. Fanatismo relixioso e acción a esgalla cítanse nesta obra, que ademais presenta a Sean Murphy (un dos máis interesantes e dinámicos debuxantes aparecidos nos últimos anos) como un narrador a ter moi en conta.


06

Mox NoxMox Nox
Joan Cornellá
Bang Ediciones

15 Eur


As desacougantes e turbadoras historias de Joan Cornellá, un autor inclasificable que non deixa a ninguén indiferente coas 48 pranchas mudas que conforman este álbum, expoñente do humor absurdo, violento e subrrealista.


05

The Massive: Black PacificThe Massive: Black Pacific
Brian Wood / Kristian Donaldson / Garry Brown
Panini Comics
17,95 Eur


Nun futuro próximo, un gran cataclismo leva o mundo ao colapso medioambiental, económico e social. Nas ruínas da nosa civilización, o barco de acción directa ecoloxista Kapital navega na procura do seu buque xemelgo, The Massive, desaparecido misteriosamente.


04

La marcha del cangrejo, Volumen 3La marcha del cangrejo, Volumen 3:
La revolución de los cangrejos

Arthur de Pins
Dibbuks
16 Eur


Agardado e derradeiro tomo desta sorprendente serie, protagonizada por uns crustáceos que se atopan nun intre fundamental da súa evolución como especie, no que terán que afrontar desafíos que nunca antes imaxinaran.


03

Romeo y JulietaRomeo y Julieta
Gianni De Luca
001 Ediciones
18 Eur


Tras Hamlet, a editorial 001 achéganos outra adaptación shakespeariana a cargo dun dos mestres da banda deseñada italiana: Gianni De Luca, que nos anos setenta adaptou a historia de amor máis famosa de todos os tempos co seu particular e elegante estilo, no que destaca a teatralización das escenas a través dos encadres e a construción da páxina.


02

Érase una vez en Francia, Volumen 2

Érase una vez en Francia,
Volumen 2

Fabien Nury / Sylvain Vallée
Norma Editorial
22 Eur


Segunda entrega desta fascinante triloxía na que viaxamos á Francia ocupada polos nazis, nun relato que mestura ficción histórica, xénero policíaco e intriga a partes iguais.


01

Watchmen
Alan Moore / Dave Gibbons
ECC Ediciones
25 Eur

Watchmen (ECC Ediciones)

A reedición que ECC fai deste gran clásico segue a callar entre o público e convírtese na novidade máis sinalada do pasado mes de xuño: a obra mestra que reinventou o cómic de superheroes volve estar dispoñible!


E isto é todo: agardamos que atopásedes algo do voso interese. O próximo mes, novo Top 10 de lanzamentos editoriais en Komic Librería.