Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en setembro de 2013

Top 10 Komic Librería


Xa está aquí o mes de outubro, e con el chega un novo Top 10 de Komic Librería, o ranking no que presentamos as novidades editoriais máis selectas de todas as aparecidas durante o pasado mes de setembro.


10

Marshall Law: miedo y ascoMarshall Law: miedo y asco
Pat Mills / Kevin O'Neill
ECC

Reedición dunha das parodias superheroicas máis divertidas e impactantes nunca feitas, creada por Pat Mills e Kevin O'Neill hai máis de vintecinco anos o tempo non pasou mal por ela, e, tanto a súa ironía desbordante como a súa extrema violencia gráfica seguen a cativar aos que se achegan a ela.


09

White CubeWhite Cube
Brecht Vandenbroucke
Fulgencio Pimentel

Unha obra imaxinativa e irreverente, inclasificable e altamente crítica co mundo da arte moderna que marabillará ao público máis aberto e underground.



08

Johan y PirluitJohan y Pirluit: El país maldito /
El Sortilegio de Malasombra

Peyo
Dolmen

Segundo tomo da coidada reedición que Dolmen está a facer deste gran clásico da bd de aventuras para lectores de todas as idades.



07

De padres e hijosDe padres e hijos
Jeffrey Brown
La Cúpula

Trala boa acollida do seu divertido Darth Vader e Hijo, Jeffrey Brown achéganos esta fermosa reflexión sobre a vida mesma, centrándose na súa relación co seu pai e co seu fillo, tres xeracións da familia Brown reunidas nun álbum delicioso.


06

Saga #2Saga #2
Brian K. Vaughan / Fiona Staples
Planeta

Segundo tomo desta space-opera que, ata o momento, está a ser unha das series máis interesantes dos últimos tempos. Dúas razas enfrontadas nunha guerra interminable que será desafiada polo amor entre Marko e Alana.


05

Realidad a la piedraRealidad a la piedra
Joaquín Reyes
Reservoir Books

O polifacético Joaquín Reyes sorprende e fai rir con este libriño de humor gráfico protagonizado única e exclusivamente por pedras.


04

Silvio José destronadoSilvio José destronado
Paco Alcázar
Astiberri

Un dos nosos personaxes preferidos, o repelente cuarentón Silvio José, volve con novas aventuras nun intre crucial da súa vida: tras case cincuenta anos é expulsado do fogar paterno... Conseguirá sobrevivir no hostil mundo exterior?


03

Érase una vez en Francia #3Érase una vez en Francia #3
Fabien Nury / Sylvain Vallée
Norma

Terceira e agardada derradeira entrega desta apaixonante historia, xa comentada na nosa páxina, baseada en personaxes e feitos reais, sobre un chatarreiro xudeu no París ocupado. Intriga, acción e ambigüidade moral nun final que non decepciona.


02

Los muertos vivientes #18Los muertos vivientes #18
Robert Kirkman / Charlie Adlar
Planeta

Continúan as aventuras e desventuras do grupo de superviventes que comanda Rick Grimes nun mundo cheo de zombis.




01

Papel estrujado
Nadar
Astiberri

Papel estrujado

Por méritos propios ocupa o lugar máis destacado entre as novidades esta opera prima de case 400 páxinas, xa comentada na nosa web, na que se mesturan as historias de varios personaxes nunha trama que atrapa ao lector/a xa dende o comezo.