Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en novembro de 2013

Top 10 de Komic Librería


Unha vez máis non nos resultou nada doado escoller tan só dez de entre todas as novidades interesantes que chegaron a Komic Librería neste mes de novembro, pero aquí están, así que a ver que vos parece o máis salientable, na nosa opinión, das obras editadas nas últimas semanas.


10

Blacksad #5Blacksad #5
Díaz Canales / Guarnido
Norma Editorial

Unha nova entrega nas aventuras de John Blacksad, o detective máis felino da bd, que nesta ocasión percorre o sur de Estados Unidos nunha auténtica road-movie.


09

Un médico novatoUn médico novato
Sento
Sins Entido

Todo un histórico do tebeo nacional, o valenciano Sento comparte connosco a historia de Pablo Uriel, un médico que comeza a súa carreira profesional no ano 36, de xeito paralelo á Guerra Civil, e que ao pouco tempo é detido sen saber moi ben o motivo.


08

No os indigneis tantoNo os indigneis tanto
Manel Fontdevila
Astiberri

Seguindo coa liña de humor político e social que desenvolveu no xornal Público, o autor sácalle punta aquí á liberdade de expresión nestos tempos de crise.


07

Barbarroja #1. El demonio del CaribeBarbarroja #1. El demonio del Caribe
Hubinon / Charlier
Ponent Mon

Todo un clásico da bd europea de aventuras, onde podemos seguir a fabulosa saga do pirata máis perigoso que surcou os mares.



06

Marieta, los recuerdos de Naneta #2Marieta, los recuerdos de Naneta #2.
Camino a la escuela

Nob
Norma Editorial

Unha das novidades máis desexadas pol@s máis pequen@s da casa, a continuación das lembranzas que da súa infancia fai a nosa entrañable protagonista.


05

Little Sammy sneezeLittle Sammy sneeze
Winsor McCay
Reino de Cordelia

Edición de luxo para un dos pioneiros fundamentais da banda deseñada, que entre 1904 e 1906, antes de facer Little Nemo, publicou estas tiras sobre o pequeno Sammy, que sempre espirra no momento máis inoportuno con resultados catastróficos.


04

Aama #3. El desierto de los espejosAama #3. El desierto de los espejos
Frederik Peeters
Astiberri

Terceiro capítulo da viaxe espacial na que Peeters enrola ao seu protagonista Verloc, nunha obra de ciencia ficción que mestura acción, intriga e reflexión sobre o futuro da humanidade.


03

El Follies BergéreEl Follies Bergére
Zidrou / Francis Porcel
Norma Editorial

Unha historia dura e tráxica sobre o sin sentido da guerra, centrándose nun pelotón francés da Primeira Guerra Mundial.




02

Blast #3. De cabezaBlast #3. De cabeza
Manu Larcenet
Norma Editorial

Terceira entrega desta fascinante serie, onde Larcenet amosa a súa faciana máis persoal ao contarnos a vida de Polza, un home decidido a vivir á marxe da sociedade.


01

Beowulf
Santiago García / David Rubín
Astiberri

BeowulfPosiblemente una de las obras más esperadas de los últimos tiempos, la revisitación que este inquieto dúo hace de un texto fundacional de la literatura anglosajona: la lucha de Beowulf contra el monstruo Grendel, que desde hace años amenaza a los daneses. Espectacular, podéis leer nuestra opinión más detallada aquí.

E ata aquí o noso particular Top 10 do mes de novembro, agardamos que vos resultara interesante e de utilidade.