Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en marzo de 2014

Top 10 de Komic Librería


Resulta ás veces complicado seleccionar só dez títulos das novidades que chegan cada mes a Komic Librería, e encántanos que sexa así, porque iso quere dicir que as boas lecturas non faltan, a ver que vos parecen as que escollemos para o noso Top 10 do mes de marzo.


10

Arséne SchrauwenArséne Schrauwen
Olivier Schrauwen
Fulgencio Pimentel

Outra marabilla máis da man deste belga, un dos creadores máis inclasificables, inquedos e interesantes da bd europea actual. Sorpréndenos de novo coa súa experimentación gráfica, nesta ocasión coa primeira parte dunha divertida triloxía centrada na figura do seu avó e na súa viaxe polas colonias belgas nos derradeiros anos do Imperio.


09

Vae VictisVae Victis
Simon Rocca / Jean-Yves Mitton
Yermo Ediciones

Recreación en viñetas da conquista das Galias polo exército romano comandado por Xulio César. Altamente documentada e cun debuxo de corte clásico esta obra é xa unha referencia no xénero histórico.


08

Belleville storyBelleville story
Arnaud Malherbe / Vincent Perriot
Norma Editorial

Un novo exemplo do noir francés contemporáneo, ambientado nun dos barrios parisinos máis populares e protagonizado por un aprendiz de mafioso que se vai ver involucrado nunha situación de difícil saída. Ritmo trepidante con moitísima acción e debuxo actual e perfecto para este thriller de dous volumes reunidos nun integral.


07

Guía del mal padre 2Guía del mal padre 2
Guy Delisle
Astiberri

O autor canadense volve demostrar a súa enorme capacidade para rirse de si mesmo con esta segunda entrega das súas andainas coma pai mezquino e irresponsable. Divertidísimo.


06

ThomThom
Andrés Meixide
Reino de Cordelia

Espectacular edición que recolle unha selección das tiras de Thom, un granxeiro estadounidense emigrado en Galicia e a quen acompaña unha recua de secundarios extravagantes, encabezada polo porco Cholo. Unha obra con humor gráfico de calidade, que a semana pasada foi presentada en Komic e da que podedes ler máis información aquí.


05

Los muertos vivientes 19Los muertos vivientes 19
Robert Kirkman / Charlie Adlard
Planeta DeAgostini Cómics

Nova e agardada entrega desta popular serie de zombis que ten enganchada a media humanidade, e na que o seu creador, Robert Kirkman, segue a dosificar os acontecementos de maneira maxistral, achegándose ao enfrontamento entre as distintas comunidades de superviventes, entre elas a liderada polo noso protagonista Rick.


04

Las tripas del héroe. Libro 1Las tripas del héroe. Libro 1
David Rubín
Ninth Ediciones

O hiperactivo autor ourensán sorprendeu hai un par de anos coa súa particular versión en dous tomos dos doce traballos de Heracles, titulada El Héroe. Agora achéganos de novo o primeiro dos tomos desta mesma obra, pero a lapis e rotuladas por el mesmo, o que nos permite gozar co seu espectacular debuxo e ao mesmo tempo ser espectadores de excepción do proceso creativo que hai tras a creación dunha novela gráfica.


03

Tiempo de canicasTiempo de canicas
Beto Hernández
Ediciones La Cúpula

Un dos nosos autores preferidos volve cunha emotiva historia de infancia, na que podemos aprezar un certo aquel autobiográfico e da que vos falamos máis a fondo aquí.


02

La Gran GuerraLa Gran Guerra
Joe Sacco
Resevoir Books

No centenario da Primeira Guerra Mundial o prestixioso autor de Gorazde ou Palestina recrea o primeiro día da terrible Batalla do Somme, unha das maiores matanzas da historia da humanidade, e faino dun xeito pouco habitual: sete metros de papel onde a través de diferentes láminas presenta as distintas escenas dese tráxico día.


01

La gigantesca barba que era el mal
Stephen Collins
Ediciones La Cúpula

La gigantesca barba que era el mal

Unha fermosísima sátira sobre as sociedades modernas, o control social e a individualidade fronte a masa, exquisitamente debuxada e na que a gran protagonista vai ser a barba de Dave.