Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en xullo de 2014

Top 10 de Komic Librería


Aínda que xa estamos na Coruña, non nos esquecemos do noso tradicional Top 10 para repasar ás novidades aparecidas no último mes...


10

War and dreamsWar and dreams
Maryse Charles / Jean-François Charles
Yermo Ediciones

Este matrimonio de historietistas volve demostrar o seu dominio do xénero histórico cun relato formado por varias historias cruzadas nas que o amor e a Segunda Guerra Mundial xogan un papel protagonista.


09

#1#1
Jorge González
Dibbuks

Unha ocasión única para gozar co excelente traballo deste arxentino afincado en España que aquí abre as portas da súa intimidade artística cun artbook espectacular onde se recollen debuxos, bosquexos e ilustracións inéditas. Unha marabilla visual.


08

El carro de TespisEl carro de Tespis
Philippe Bonifay / Christian Rossi
Yermo Ediciones

Unha nova mostra da boa saúde que o western ten na bd europea nos últimos tempos, un relato que mestura o máis salvaxe do oeste coa mitoloxía grega.


07

Inspector MoroniInspector Moroni
Guy Delisle
Astiberri

Aínda que xa teñen uns anos, estas historias do autor de Pyongyang permanecían inéditas no noso país, e nelas achéganos ao xénero negro máis divertido e desastroso coas aventuras dun inspector de policia bastante peculiar.


06

Aquel veranoAquel verano
Jillian / Mariko Tamaki
Ediciones La Cúpula

Unha estupenda historia de dúas amigas que pasan un verán inesquecible fuxindo dos problemas dos adultos pero afrontando os seus propios.



05

Que caiga el que debaQue caiga el que deba
Ozanam / Rica
Ninth Ediciones

Un violento e espectacular thriller que mestura un atraco e unha vinganza dobre, cun estilo gráfico moi dinámico que impacta dende a súa magnífica cuberta.


04

El último cosmonautaEl último cosmonauta
Aurélien Maury
Ninth Ediciones

Cun estilo gráfico que bebe directamente de Chris Ware este novísimo autor francés presenta unha metafórica historia sobre o compromiso e os soños de futuro.


03

Estación Espacial DeseoEstación Espacial Deseo
Ralf König
Ediciones La Cúpula

O agardado regreso do máximo expoñente europeo do cómic gay, unha nova historia protagonizada por Konrad e Paul chea do seu humor habitual e coa ciencia-ficción e a música de fondo.


02

Air mailAir mail
Micheluzzi
Ninth Ediciones

Outra mostra do saber facer deste clásico italiano, que nos agasalla nesta ocasión cun relato de aventuras ambientado nos anos vinte e protagonizado polo piloto de correos "Babel" Man.


01

Revienta, cerdo
Pascal Rabaté / Simon Hureau
Norma Editorial

Revienta, cerdo

Un dos nosos historietistas preferidos, o francés Rabaté, volve cunha inusual historia de vinganza debuxada por Simon Hureau. Un carniceiro afeccionado á banda deseñada descubre a infidelidade da súa muller cun dos seus amigos, o que fará que procure nos tebeos a mellor maneira de desembarazarse del.