Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en xuño de 2015

Top 10 de Komic Librería


Un mes máis achegámosvos a nosa particular selección de títulos entre os chegados a Komic Librería nas últimas semanas.


10

Croqueta y Empanadilla #2

Croqueta y Empanadilla #2
Ana Oncina
Ediciones La Cúpula

A segunda entrega das aventuras desta peculiar parella convertida nun dos fenómenos editoriais do pasado ano. Pequenas situacións características da vida en parella observadas en clave de humor e agarimo.


09

El Matatenias

El Matatenias
Pepa Prieto Puy / Oriol Segarra
Fosfatina

Un sensacional e imaxinativo relato curto realizado en risografía, unha historia sorprendente e abraiante co sabor da mellor banda deseñada independente actual.



08

Axolot

Axolot
Patrick Baud / VVAA
Dibbuks

Divertidísima e curiosa compilación de pequenas historias nas que o guionista Patrick Baud repasa, con moita orixinalidade, historias reais que semellan lendas ou fantasías, feitos estraños e abraiantes que aconteceron no noso mundo ilustrados por 13 artistas distintos.


07

El mercenario #1, el pueblo del fuego sagrado

El mercenario #1, el pueblo del fuego sagrado
Vicente Segrelles
Ponent Mon

Moi agardada redición do maestro do hiperrealismo Vicente Segrelles que marcou unha época moi prolífica e creativa para o cómic patrio. Esta primeira aventura dunha serie de quince álbumes complétase coas primeiras páxinas do libro no que Segrelles detallaba a súa forma de traballar que sorprenderá aos lectores e autores máis novos.


06

Advaita

Advaita
Iván Sende
Diábolo Ediciones

Unha obra á que lle desexamos toda a sorte do mundo. O autor reproduce as súas viaxes a India e ao Himalaia ao tempo que vemos as súas dúbidas existenciais. Introspección, espiritualidade e outras realidades cun estilo moi próximo e cálido.


05

Brigada #2

Brigada #2
Enrique Fernández
Autoeditado

A agardada continuación das aventuras dunha brigada de ananos nun mundo máxico ameazado polo terrible Voriandeer. Maxia, espada e bruxería nunha historia moi dinámica e da que comentamos o seu primeiro tomo hai pouco, co gallo da visita do autor a Komic Librería.


04

Suite francesa

Suite francesa
Emmanuel Moynot
Salamandra Graphic

Baseada nunha novela de Irène Némirovsky que permaneceu inédita durante sesenta anos, este título narra o éxodo que provocou a ocupación de Francia por parte dos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. Ao ser unha obra coral viviremos estes dramáticos días a través de distintos personaxes que reaccionan de maneira moi distinta á invasión alemá.


03

¡Oh, diabólica ficción!

¡Oh, diabólica ficción!
Max
Ediciones La Cúpula

Unha vez máis debemos rendirnos ante o xenio do autor catalán, que desta volta divaga e reflexiona sobre a ficción e a creación a través dunha pega retranqueira. Neste álbum recolle páxinas inéditas xunto con outras publicadas El País Semanal.


02

Días de destrucción, días de revuelta

Días de destrucción, días de revuelta
Joe Sacco / Chris Hedges
Planeta Cómic

Cando un dos autores principais da banda deseñada documental e política une o seu talento co dun crítico xornalista gañador dun Pulitzer, e o tema que tratan son as zonas sacrificadas estadounidenses, o resultado non é outro que un libro que disecciona o lado escuro do soño americano, unha sabia, interesantísima e dura mestura de ensaio e historieta.


01

La máscara
André Franquin
Dibbuks

La máscara

Unha auténtica delicatesen a que nos ofrece Dibbuks con esta magnífica edición dun dos álbumes máis salientables do aventureiro Spirou feito polo xenial Franquin. Podedes atopar máis información sobre esta obra no artigo que sobre ela publicamos hai uns días.