Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en setembro de 2015

Top 10 de Komic Librería


Aquí  vos deixamos cos dez títulos que máis nos chamaron a atención de aqueles que chegaron a Komic Librería durante o mes pasado.  Como podedes ver hai unha gran variedade de temáticas e estilos na nosa selección, que agardamos vos sexa de utilidade.


10

¡García!¡García!
Santiago García / Luis Bustos
Astiberri

Primeiro tomo deste curioso relato, a cabalo entre os xéneros de acción, misterio e ciencia ficción, ao tempo que homenaxea as historietas do pasado.



09

Las migajasLas migajas
Frederik Peeters / Ibn Al Rabin
Astiberri

O delirante e onírico secuestro dun tren que os secuestradores pretenden levar ata Liechtenstein é o argumento desta divertida e imaxinativa historia chea de retranca, alquimia e acción, unha das primeiras obras do noso suízo preferido, inédita ata este momento no mercado español.


08

Por sus obras le conoceréisPor sus obras le conoceréis
Jesse Jacobs
DeHavilland Ediciones

Este ilustrador canadense emprega o seu preciosismo gráfico para narrarnos unha particular visión da xénese, onde a creación do noso mundo, e da fauna que o habitamos (incluídos os seres humanos) procede dun obradoiro creativo realizado por seres cósmicos.  Podedes ler máis sobre esta obra aquí.


07

La saga de los BojeffriesLa saga de los Bojeffries
Alan Moore / Steve Parkhouse
Planeta Cómic

A recuperación dunha das primeiras obras do excelso Alan Moore, o retrato surrealista dunha estraña familia a través do cal critica e ironiza sobre a natureza humana e a cultura británica cun acedo humor acompañado do dinámico debuxo de Parkhouse.


06

Arenas movedizasArenas movedizas
Mönch / Lahl / Kahane
Impedimenta

Os derradeiros días da RDA, antes da caída do Muro de Berlín, a través da ollada dun xornalista estranxeiro e da experiencia da súa amante alemana.



05

Enigma, la extraña vida de Alan TuringEnigma, la extraña vida de Alan Turing
Riccioni / Pettinato
Norma Editorial

A interesantísima biografía gráfica do pai da computación e da intelixencia artificial, un personaxe excesivamente pouco coñecido e inxustamente tratado pola historia do que xa vos falamos na nosa páxina.


04

El mundo a tus piesEl mundo a tus pies
Nadar
Astiberri

 agardada segunda obra deste prometedor autor que nos sorprendera e cativara con Papel estrujado. Neste novo álbum presenta tres historias coa crise económica e social de pano de fondo, protagonizadas por xente arredor da trintena afectados pola situación actual, e nas que aprezamos a confirmación dun narrador excelente.


03

El fantasma de GaudíEl fantasma de Gaudí
El Torres / Jesús Alonso Iglesias
Dibbuks

Un excelente thriller cheo de intriga e acción ambientado en Barcelona, concretamente nos principais edificios e monumentos construídos por Gaudí, onde comezan a aparecer cadáveres extrañamente mutilados. O seu ritmo trepidante, xunto ao espectacular debuxo coa obra do xenial arquitecto catalán de fondo conforman unha obra altamente atractiva.


02

ZanardiZanardi
Andrea Pazienza
Fulgencio Pimentel

Nunha magnífica edición Fulgencio Pimentel recupera a este autor italiano, un excepcional e sorprendente narrador pouco coñecido por estas terras e no que o seu debuxo de liña chunga agocha en certa maneira o enorme lirismo dos seus textos e o seu talento como ilustrador.


01

Océano de amor
Lupano / Pannacione
Reservoir Gráfica

Oceano de amor

Unha marabillosa obra mestra que, malia carecer de textos, está chea de expresividade e ritmo narrativo. Xa vos falamos dela hai unhas semanas e esta particular odisea protagonizada por un matrimonio bretón é, sen dúbida algunha, un dos nosos títulos preferidos neste 2015.