NOVIDADES BD GALEGA PRIMEIRO TRIMESTRE 2023
28/03/2023
Este 2023 comezou con forza na bd galega e nas últimas semanas foron varios os títulos que saíron do prelo e que hoxe vos presentamos, sete obras de distintos xéneros e estilos entre as que podemos atopar opcións para lectores e lectoras de todas as idades:
PENSS Y LOS PLIEGUES DEL MUNDO, de Jérémie Moreau: a ollada diferente dos que poden mellorar o mundo.
04/03/2023
As aventuras ambientadas na
prehistoria teñen o poder de mostrarnos que en termos evolutivos as melloras
das especies, e en concreto as da humana, son sempre lentas. Resistímonos aos
cambios e isto supón unha barreira para o avance das sociedades contra a que só
uns poucos valentes visionarios tiveron e teñen a capacidade de se enfrontar.
LA ESPADA DE SAN EUFRASIO #5, DESCANSE EN PAZ, de Manolo L. Poy, Miguel Fernández: o xermolo das Revoltas Irmandiñas en viñetas.
06/02/2023
Hai poucos meses saía do prelo o
quinto e derradeiro volume desta interesantísima serie de ficción histórica
ambientada en terras luguesas durante os anos previos ás Revoltas Irmandiñas da
segunda metade do século XV. Unha obra
que chamou a nosa atención dende 2017, cando apareceu a súa primeira entrega, e
que con cada novo álbum facía medrar o noso interese. Agora, ao ter a posibilidade de ler o relato
enteiro de seguido, vemos confirmadas estas sensacións positivas e podemos
afirmar que estamos ante unha lectura máis que recomendable para as persoas
amantes do xénero ou simplemente interesadas na historia.
OS NOSOS CÓMICS INFANTÍS E XUVENÍS PREFERIDOS DE 2022
28/01/2023
Durante este pasado nadal compartimos convosco os nosos títulos preferidos dentro dos aparecidos en 2022, comezamos pola bd galega para continuar coas obras de procedencia estatal e internacional, pero quedaron pendentes de comentar as dirixidas cara o público infantil e xuvenil. Con máis tardanza da que pensabamos pero finalmente aquí están. E debemos recoñecer que non foi tarefa doada, xa que a colleita do pasado ano foi especialmente fructífera nas obras pensadas para a mocidade e para os primeiros lectores.
RECOMENDACIÓNS PARA OS REIS MAGOS: OS NOSOS CÓMICS NACIONAIS E INTERNACIONAIS PREFERIDOS DE 2022
28/12/2022
Tras contestar á petición do Apalpador e facer unha listaxe coas nosas obras galegas preferidas entre as editadas este ano achegámonos agora ata os títulos de procedencia nacional e internacional que máis nos gustaron (a nós e á nosa clientela), algo polo que xa nos preguntara Papá Noel pero tamén Melchor, Gaspar e Baltasar. Como non houbo tempo de contestarlle ao primeiro pero si aos segundos aquí vos deixamos unha ducia de obras seleccionadas entre a excelente colleita deste ano. Como adoita pasar con estas seleccións non están todas as que son, pero son todas as que están. Agardamos que aos Reis Magos lles sexa de utilidade…
4/149