Cómics recomendados por Komic Librería de autores galegos e/ou en galego

24/02/2020

Cómics recomendados por Komic Librería de autores galegos e/ou en galego


O cómic galego vive unha auténtica Idade de Ouro. Nunca antes gozara de tan boa saúde e, para constatalo, abonda con repasar a cada vez máis ampla nómina de autores de prestixio, a calidade e recoñecemento que alcanzan moitos dos seus traballos e, tamén, o crecente número de grandes obras traducidas ao noso idioma. Se che apetece familiarizarte con este fenómeno, é moi posible que no listado que che ofrecemos atopes o teu próximo libro.

 

En órbita con Thomas Pesquet, de Marion Montaigne: un divertidísimo paseo polo espazo acompañando a un astronauta real

17/02/2020

En órbita con Thomas Pesquet


A obra da que hoxe vos falamos, En órbita con Thomas Pesquet, supuxo para nós unha agradable sorpresa polo tema que trata e, sobre todo, polo xeito de enfocalo que ten a súa autora.

 

La saga de Grimr, de Jérémie Moreau: unha historia universal na terra do lume e o xeo

10/02/2020

Komic Librería: La saga de Grimr


Coa friaxe de xaneiro tamén chegou ata Komic Librería La saga de Grimr, un épico e conmovedor relato ambientado na Islandia do século XVIII que serve para refrendar o talento do francés Jérémie Moreau, un artista que acadou a nosa atención con títulos como El mono de Hartlepool —onde ilustraba o magnífico e divertido texto de Wilfred Lupano— ou Max Winson —unha metafórica historia en dous tomos na que se ocupaba do guión e máis do debuxo—.  Naquelas ocasións expresamos a nosa intención de seguirlle a pista ben de preto a este autor e as nosas ganas de ler máis obras del. Así que comprenderedes a nosa satisfacción, xa que aquel prometedor debuxante e narrador regresa coa súa obra máis madura e redonda, unha auténtica marabilla que resultou merecente da Palma de Ouro no Festival de Angoulême no ano 2018.

 

Miguel Fernández presenta «La espada de San Eufrasio #3: un pacto con Satanás» en Komic Librería

29/01/2020

Komic Librería: La espada de San Eufrasio # 3. Un pacto con Satanás


O venres 31 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, o debuxante Miguel Fernández visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do cómic La espada de San Eufrasio #3: un pacto con Satanás (Diábolo Ediciones), terceira entrega da adaptación da novela de Pepe Rey que está a realizar man a man con Manolo López Poy.

 

La espada de San Eufrasio # 3, un pacto con Satanás, de Manolo López Poy, Miguel Fernández e Pepe Rey

27/01/2020

Komic Librería: La espada de San Eufrasio #3. Un pacto con Satanás


Celebramos a chegada do terceiro volume de La espada de San Eufrasio, a apaixonante serie de aventuras ambientada nas terras de Lugo poucos anos antes das Revoltas Irmandiñas. Unha entretida ficción histórica que nos chega das mans do noso dúo dinámico preferido: o formado por Manolo López Poy e Miguel Fernández, responsables doutros títulos tan interesantes como O fillo da furia ou Os días do cometa, e que con este novo tomo proseguen con paso firme a elaboración desta mestura de acción, intriga e historia.

 

3/137