AS NOSAS OBRAS INFANTÍS E XUVENÍS PREFERIDAS DE 2025
- LECTURAS

Péchase outro ano con moitísimos títulos destacables no que continuaron saíndo números das coleccións xa establecidas como favoritas dos lectores máis novos, como por exemplo: Avni #8, Polican #13, Astro Rato e Lampadiña #7, Barbara #4, Caty cuidadora de gatos #3 ou o clásico Astérix #41 .
Deixámosvos o listado da nosa selección comezando polos de menor idade:

ARMELLE Y MIRKO (+6)
Loïc Clément, Anne Montel, Julien Arnal- Astronave
Armelle é unha tartaruga que lle ten medo á escuridade e á vida en xeral. Un día coñece a un vagalume viaxeiro chamado Mirko, que ten a solución aos problemas de Armelle, a súa luz.

LA CIUDAD BAJO LA CIUDAD (+6)
Dan Yaccarino-Astronave
Un dos títulos que destacamos na selección do día do libro e podedes mirar aquí. Na cidade de Bix hai ollos xigantes que guian a persoas sen deixarlles tomar unha decisión propia. Cunha trama que lembra un pouco ao "Show de Truman" adaptado ao público novo. O noso protagonista, acompañado dunha ratiña, atopará un camiño a un submundo paralelo no cal decide por se mesmo.

EL CLUB DE LOS DIBUJANTES (+8)
Raina Telgemeier Scott McCloud- Maeva
O teórico de referencia Scott McCloud xúntase coa prolífica autora Raina Telgemeier para contarnos como un grupo de amigos forman un club de cómics na biblioteca escolar unindo así os seus talentos. Aquí exploramos temas como a amizade, a superación persoal e o bloqueo creativo.

INCENDIOS (+ 8)
Breena Bard-Maeva
Juliana é unha adolescente que vive no rural, a causa dun incendio provocado accidentalmente por uns mozos ten que mudarse a Portland o que cambirá a súa vida por completo. Para superar o mal momento refuxiarase no activismo medioambiental e na loita.

CAPERUCITA EN MANHATTAN (+10 )
Catalina González Villar, Helena Bonastre-Siruela
Sara é unha nena de Brooklyn que ten un sono, cruzar a ponte de Manhattan para levarlle unha torta de amorodo á súa avoa. Nesta versión dun dos contos infantís máis coñecidos do mundo os persoaxes están tratados de forma moi orixinal ; a excéntrica avoa coñecida como "Gloria Star", un pasteleiro multimillonario, o estraño señor Woolf ou a señora Miss Lunatic que vive na Estatua da Liberdade e sae de noite para acougar as miserias humanas. Unha historia sobre a procura do camiño propio, o medo e a superación persoal.

GROG THE FROG (+10)
Davilorium, Alba BG- La Cúpula
Reiteradamente GROG THE FROG esquece o ritual máxico máis importante do ano e terá que viaxar cara paraxes místicas para completar o seu labor e enfrontarse con rivais ancestrais. Unha mestura entre o onírico, o surrealismo e o caos.

LAS TRES REINAS (+12)
Magali Le Huche- Garbuix
Galardoada como mellor obra Xuvenil 2024 no festival de Angulema, é unha adaptación reescrita e debuxada pola experimentada autora Magali le Huche. Parte dun plantexamento rocambolesco pero por desgracia demasiado cercano e realista que está tratado con frescura e un agudísimo sentido do humor. O destino de Mirelle, Astrid e Hakima vai quedar unido ao resultar gañadoras do concurso “As tres Butifarras” que o mozo máis popular do seu instituto promove por terceiro ano consecutivo no seu Instagram. As nosas protagonistas van a conseguir dar a volta a ista situación e mesmo van a facerse famosas e recoñecidas en todo o país ao ocurrírselles unha acción reivindicativa que as levará ao Palacio do Elíseo o 14 de Xullo.

JANE Y LA SIRENA (+12)
Vera Brosgol- Astronave
Jane é desprezada pola súa familia e expulsada do seu fogar así que planea casar cun mozo do seu pobo para poder recuperar a súa herdanza, pero este será raptado por unha serea. Esta obra fálanos da autoestima, a beleza interior e a confianza nun mesmo.

¿ES UNA BRUJA? (+12)
Raquel Gu-Garbuix
Úrsula e Adrián son dous curmáns que sospeitan que a súa rara veciña sexa unha bruxa e cóntanllo a súa avoa un día que ven a coidalos. Isto dálle pé para falarlles sobre a historia das bruxas, os mitos, mentiras e persecucións que existiron ao redor da muller á vez que facer un repaso a historia da humanidade.

VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA (+13)
Rodolphe, Patrice Le Sour –Norma
O coñecido guionista que tanto colaborou con Leo e ten participado en máis de 80 álbumes propón unha magnífica adaptación do clásico de aventuras escrito e 1964 por Xulio Verne.

LA OTRA HISTORIA DEL FÚTBOL (+14)
Mickaël Correia- Garbuix
Desde os seus inicios ata o día de hoxe, desde Inglaterra a Brasil pasando por Camerún, Arxentina ou Francia percorremos a historia do fútbol mostrándonos que este deporte non é só negocio, senón algo poderoso que nace nos barrios e que serve como emancipación de mozos traballadores.

REBIS (+14)
Irene Marchesini, Carlota dicataldo- Nuevo Nueve
A trama vira ao redor de Martino, un mozo albino que é rexeitado debido á súa condición polo seu pobo e mesmo pola súa propia familia. Emprenderá un camiño de procura de identidade e aceptación nun mundo hostil e nun ambiente de maxia negra e fantasía.

LOBA LOCA (+16)
Singelin, Run – Nuevo Nueve
Este extraordinario spinoff da animación francesa Mutafukaz, foi un dos títulos máis aprezados do ano na nosa librería incluso polo público adulto. Este tomo recopila seis capítulos que conforman unha aventura ambientada na cidade de Dark Meat City. Guada, a protagonista é unha rapaza criada pola súa nai e acosada no instituto, nun intre non consegue dominar a súa ira e golpea a unha das súas torturadoras, mentres os compañeiros a filman. Así comeza un trepidante e absorvente relato moito máis realista do que poidera semellar, no que se tratan temas tan actuais como a violencia xuvenil o uso das redes sociales para o maltrato psicolóxico ou conflictos interraciais e xeneracionais, cun magnífico debuxo a medio camino entre o french- manga e o underground no que se recrean os ambientes da costa oeste dos EEUU e un ritmo que alterna intres de moita acción e escenas máis relaxadas e reflexivas iremos acompañando a Guada nunha viaxe na búsqueda das súas raíces e a súa propia identidade.

