“O SEGREDO DA SERPE” de Abel Alves e Esteban Tojl. Xuntando mitos e rituais coas figuras da literatura galega.

20/10/2025

alt


Cando se cumpren sete anos da publicación do exitoso título "A tumba de Breogán" da que a editorial Demo leva tres edicións esgotadas, falámosvos hoxe da que se pode considerar a nova entrega desta serie ambientada na Galicia da segunda metade de S. XIX.

 

Pásate por Komic Librería (ou contacta connosco)

01/09/2025


Podedes facernos chegar as vosas peticións, comentarios ou suxestións a través do email, do formulario de contacto de komic.es ou da nosa páxina en Facebook. Se queredes visitarnos na libraría, a continuación informámosvos dos nosos horarios e datos de localización:

 

Komic Librería, na Feria do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico 2025

24/07/2025

Komic Librería en agosto


Durante o mes de agosto, como cada ano, pecharemos as portas de Komic Librería para realizar a nosa tradicional migración cara terras coruñesas. Alí poderedes atoparnos en dúas citas komiqueiras estivais de referencia: a Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico. Lembrade que nos dous eventos poderedes beneficiarvos dun 10% de desconto na compra dos vosos cómics.

 

SEICA SON UNHA PENDANGA (DEMO) RETRATO PSICOLÓXICO, DO INDIVIDUO Ó GRUPO.

20/05/2025

alt


Carlos Barros Guerton, artista coruñés que foi un activista da movida dos fancines nos ´90, continúa dando renda solta a súa creatividade, máis como escritor que como debuxante, así como producindo unha chea de pezas de videocreacción e ata participando como actor nalgunha delas.

 

RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025

17/05/2025

alt


Chega o 17 de Maio e para celebrar o Día das Letras imos a recomendar algúns dos títulos de BD editados nos primeiros meses do 2025 na nosa lingua.


Non queremos esquecer as obras de autoría galega editadas noutras linguas polo que comezaremos mencionando a moi orixinal e persoal  Anzuelo de Emma Ríos (Astiberri) realizada orixinalmente en acuarela que a propia autora define como unha historieta enmarcada nos xéneros da fantasía e o terror mariño que, desde o noso punto de vista resulta ser unha desacougante  metáfora naturista e pacifista, que recomendaríamos aos que buscan nestas lecturas máis as sensacións que as resolucións racionais.

Editadas orixinalmente en castelán e destinadas para o público infantil destacamos a moi agardada quinta entrega de Marcopola, Tierra adentro (Bang) de Jacobo Fernández así como Dinocarreras (Astronave) de Lucía Cid da que xa falamos aquí.


Das editadas en galego e comezando polas infantis faremos referencia ás dúas publicadas por Antela:

 

2/152