“A LENDA DE SANTORO” De Mario E.Casas. A Carta de presentación do neno prodixio da bd galega.
07/12/2025
- EVENTOS

Para os que somos amantes de calquera disciplina artística non resulta difícil detectar o talento. Se esto é así, é porque o verdadeiro talento non surde moi a cotío, máis ben moi de cando en vez.
“LA CAJA DE PANDORA” de ÁNGEL DE LA CALLE, VIVIR E MORRER NOS TEMPOS DA TRANSICIÓN.
24/11/2025

Cúmprese o 50 aniversario da morte do dictador, polo que a editorial Garbuix ven de elixir o momento idóneo para publicar iste extenso e intenso cómic do autor afincado en Asturias.
Ángel de la Calle (Molinillo de la sierra- Salamanca, 1958) é un nome de sobra coñecido na comunidade comiqueira, nado na provincia de Salamanca, a súa familia mudóuse a Xixón sendo el moi novo. Tal e como veremos na obra que hoxe nos ocupa, leva cinco décadas publicando como autor de bd. Os seus títulos máis coñecidos, “Modotti” e o moi galardoado “Pinturas de Guerra”, foron publicados e traducidos ata en oito países tanto de Europa como de América latina. Incansable divulgador e teórico, son innumerables os artigos e libros sobre cómic que ten publicado desde a década dos 90.
Como xestor cultural forma parte da organización da Semana Negra de Xixón desde o inicio no 1988 e foi director desta cita anual desde 2012 ata 2023. Actualmente forma parte da organización das Xornadas do cómic de Avilés.
“O SEGREDO DA SERPE” de Abel Alves e Esteban Tojl. Xuntando mitos e rituais coas figuras da literatura galega.
20/10/2025

Cando se cumpren sete anos da publicación do exitoso título "A tumba de Breogán" da que a editorial Demo leva tres edicións esgotadas, falámosvos hoxe da que se pode considerar a nova entrega desta serie ambientada na Galicia da segunda metade de S. XIX.
Komic Librería, na Feria do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico 2025
24/07/2025

Durante o mes de agosto, como cada ano, pecharemos as portas de Komic Librería para realizar a nosa tradicional migración cara terras coruñesas. Alí poderedes atoparnos en dúas citas komiqueiras estivais de referencia: a Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico. Lembrade que nos dous eventos poderedes beneficiarvos dun 10% de desconto na compra dos vosos cómics.
SEICA SON UNHA PENDANGA (DEMO) RETRATO PSICOLÓXICO, DO INDIVIDUO Ó GRUPO.
20/05/2025

Carlos Barros Guerton, artista coruñés que foi un activista da movida dos fancines nos ´90, continúa dando renda solta a súa creatividade, máis como escritor que como debuxante, así como producindo unha chea de pezas de videocreacción e ata participando como actor nalgunha delas.
2/152

