Benvidos a www.komic.es

www.komic.es


Komic Librería preséntavos a súa páxina www.komic.es, un sitio co que aspiramos a manter un contacto moito máis fluído coa nosa familia de sempre, é dicir, aqueles que xa coñecen e visitan regularmente a libraría dende hai anos, pero tamén con todos os afeccionados á arte do cómic en xeral, estean onde estean.

A páxina web pretende, ante todo, facilitar un acceso rápido e intuitivo aos seus contidos. Desta forma, entrando en Universo Komic poderedes revisar de xeito rápido as últimas novidades incorporadas ao sitio. O que lemos é un espazo destinado a recoller as recensións daquelas lecturas que nos chamaron a atención. En O que editamos manterémosvos informados do labor editorial de Komic Librería, mentres que a sección Merchandising servirá para ofrecervos comentarios e opinións sobre todos aqueles produtos que, sen ser libros, contan cun lugar na nosa tenda. Pola súa banda, Moi recomendado permitiravos descubrir todas aquelas obras cuxa lectura aconsellamos de xeito especial. Finalmente, pasándovos polo apartado Descobre Komic poderedes coñecer un pouco máis a nosa historia, saber como localizarnos ou ben contactar directamente connosco para facernos chegar comentarios ou suxestións.

A web www.komic.es vén a sumarse á nosa presenza en Facebook e YouTube, onde seguiremos compartindo información de interese e actualizada con calquera que desexe seguirnos.

Esperamos vervos a miúdo.