“VOY A PARTIRLE LA CARA A MI JEFE" de Abel Alves e José Ángel Ares (Ed. Grafito). Todas somos Elena.
05/10/2026
- evento

Sempre é moi agradable que autores tan aprezados e cercanos como o ferrolán Abel e o picheleiro de adopción José Ángel presenten unha obra nova na nosa librería pero neste caso ademáis o día 16 de outubro vai a ser algo especial por varios motivos:
Pásate por Komic Librería (ou contacta connosco)
01/09/2026
Podedes facernos chegar as vosas peticións, comentarios ou suxestións a través do email, do formulario de contacto de komic.es ou da nosa páxina en Facebook. Se queredes visitarnos na libraría, a continuación informámosvos dos nosos horarios e datos de localización:
Komic Librería, na Feria do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico 2026
27/07/2026

Durante o mes de agosto, como cada ano, pecharemos as portas de Komic Librería para realizar a nosa tradicional migración cara terras coruñesas. Alí poderedes atoparnos en dúas citas komiqueiras estivais de referencia: a Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico. Lembrade que nos dous eventos poderedes beneficiarvos dun 10% de desconto na compra dos vosos cómics.
OS FAVORITOS DO 2025 EN GALEGO OU DE AUTORÍA GALEGA.
08/01/2026

O ano 2025 non estaba a ser tan prolífico na edición de obras en galego como os anteriores mais as editoras tiñan reservadas para os últimos meses algunha que outra boa nova como a fermosa edición do tomo que recopila os catro títulos da colección Castelao dos que a nosa librería fora impulsora e co-editora xunto con Demo Editorial.
No referente a obras foráneas traducidas cabe destacar as clásicas editadas por Rinoceronte, "Ghost World", "Pílulas Azuis" e a saída do novo título "Hilda e Twig resgárdanse da chuvia". Xerais publicou "Heartstopper # 4 / 5" e o novo título de "Astérix en Lusitania". A catalana Bang que edita "Super pataca" en galego sacou catro tebeos de grapa deste persoaxe e dous títulos da nova serie "Super ninja Kururo".
De autoría galega publicadas en castelán lembrámosvos "Receta de la magia" e "Meigatas" de Paula Cheshire e por suposto "Anzuelo" co que comezamos o noso listado de adultos. En canto a series de producción propia, polas que Galaxia segue a apostar, apareceron os novos títulos "Sentinelas no Limiar Das Tebras", "Sentinelas da Lúa Carmesí ", "Historias do Páramo" e "Brigada iridiscente". Por parte de Antela publicáronse "Erea e as agullas máxicas" e "En busca do Muncho" De todas estas obras fomos falando en publicacións anteriores ao longo do ano polo que preferimos incluir outras no seguinte listado.
AS NOSAS OBRAS INFANTÍS E XUVENÍS PREFERIDAS DE 2025
29/12/2025
- LECTURAS

Péchase outro ano con moitísimos títulos destacables no que continuaron saíndo números das coleccións xa establecidas como favoritas dos lectores máis novos, como por exemplo: Avni #8, Polican #13, Astro Rato e Lampadiña #7, Barbara #4, Caty cuidadora de gatos #3 ou o clásico Astérix #41 .
Deixámosvos o listado da nosa selección comezando polos de menor idade:
1/152
- Anterior
- Seguinte

