Aleida, cidade sen alma, de Víctor Boullón: intriga e aventura na Compostela medieval

28/11/2016

Komic Librería: Aleida, cidade sen alma


Temos o inmenso pracer de vos presentar hoxe a primeira obra de Víctor Boullón, un novo autor que vai dar moito que falar e que nos achega unha estupenda historia de intriga e aventura ambientada na Compostela medieval e dirixida cara o público xuvenil. Dámoslle a benvida, xa que logo, a Aleida, cidade sen alma, e avanzámosvos que o vindeiro venres 2 de decembro, a partir das 18:00 horas, o autor presentará este cómic en Komic Librería: non faltedes, porque haberá sorpresas...

 

Atila: a consolidación da colección Castelao e de dous nomes da BD galega

11/05/2015

Komic Librería: Castelao. Atila


É para nós un pracer e tamén un orgullo dicir que, con este Atila, chegamos ao ecuador dunha colección na que nos sentimos plenamente involucrados xa que, como moitos sabedes, somos xunto con Demo Editorial, os seus impulsores e coeditores desde a mesma xestación deste proxecto.

 

Máis alá!: terceira entrega da Colección Castelao, coeditada por Komic Librería

13/05/2013

Komic Librería: Castelao. Máis alá!


Resulta moi grato poder anunciar a publicación de Máis alá!, un novo tomo (o terceiro xa) da Colección Castelao, coa que Komic Librería segue tan involucrada como o estivo dende a mesma xestación do proxecto.

 

Titoán: a orixe dun gran proxecto dedicado a Castelao

09/08/2012

Castelao. Titoán


Máis dun ano despois de impoñerse por unanimidade no Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, o cómic Titoán ve a luz da man de Demo e a Deputación da Coruña, co apoio incondicional de Komic Librería.

 

Castelao. O pobre tolo: Primeira iniciativa editorial de Komic Librería

04/05/2012

Castelao. O pobre tolo


Tras o éxito de Titoán, gañador do Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, Inacio Vilariño e Iván Suárez continúan con O pobre tolo o seu proxecto de levar a vida de Castelao ao cómic. O pobre tolo, froito da colaboración entre Komic Librería (con motivo do seu 25 aniversario) e Demo Editorial, achéganos a un momento crucial na vida do autor rianxeiro.