Manel Cráneo e Pulpiño Viascón rompen moldes na presentación de Destino Hërgüss

30/04/2015

Destino Hërgüss: presentación en Manso Restaurante


Manel Cráneo presentou o pasado 10 de abril o seu esperadísimo cómic Destino Hërgüss en Manso Restaurante (Santiago de Compostela), e o evento converteuse nunha magnífica demostración das sorpresas que nos deparará o descubrimento do fabuloso Planeta Mincha: exposicións, proxeccións, espectáculo e música en directo a cargo do inimitable Pulpiño Viascón, encargado de poñer banda sonora ao evento co seu serrón. Se volo perdestes, neste vídeo poderedes ver algúns momentos da súa actuación.

 

Toreromaus e Terry: vídeo-presentación de Los Bravú en Komic Librería

02/07/2014

Toreromaus e Terry: vídeo-presentación de Los Bravú en Komic Librería


Los Bravú visitaron Komic Librería para presentar e asinar exemplares dos seus cómics Toreromaus e Terry, editados por Fulgencio Pimentel, e aproveitaron para falarnos das particularidades dos seus últimos traballos, da súa orixe como parella creativa, dos seus primeiros pasos xuntos e do seu proceso de traballo en equipo.

 

Croqueta y Empanadilla: vídeo-presentación de Ana Oncina en Komic Librería

20/06/2014

Croqueta y Empanadilla: vídeo-presentación de Ana Oncina en Komic Librería


Ana Oncina visitou Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu cómic Croqueta y Empanadilla, editado por La Cúpula.

 

La Luz: vídeo-presentación de Antonio Seijas en Komic Librería

16/04/2014

La Luz: vídeo-presentación de Antonio Seijas en Komic Librería


Antonio Seijas visitou Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu terceiro cómic, La Luz, editado por De Ponent e prologado por Álvaro Pons.

 

Thom: vídeo-presentación de Andrés Meixide en Komic Librería

02/04/2014

Thom: vídeo-presentación de Andrés Meixide en Komic Librería


Andrés Meixide visitou Komic Librería para presentar e asinar exemplares do volume recompilatorio Thom (Reino de Cordelia), acompañado do editor Jesús Egido e do debuxante Miguel Ángel Martín.

 

1/5