Día do Libro 2022
21/04/2022
SELECCIÓN DE CÓMICS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO 2022
Este vindeiro sábado 23 de abril festexamos, coma tódolos anos, a existencia do libro, o fermoso e máxico artefacto que é a razón da nosa existencia como libreiros.
Como podedes imaxinar é unha data ben sinalada e querida para nós e, como en anos anteriores, queremos compartir convosco unha pequena selección de títulos aparecidos nos últimos meses, moi axeitados para celebrar este día e entre os que podedes atopar adaptacións de obras literarias, relatos biográficos sobre autoras e autores e, por último, álbumes onde o libro ten unha relevancia especial.
De seguido vos deixamos os dez cómics que escollimos, agardando que estas suxestións vos sexan de utilidade e desexándovos un moi feliz Día do Libro. Aproveitamos para vos lembrar que durante ese día as compras de libros terán un 10% de desconto, polo que pode ser unha oportunidade estupenda para que nos fagades unha visita. Agardámosvos!
Komic Librería, na Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico 2021
31/07/2021
Durante o mes de agosto, como cada ano, pecharemos as portas de Komic Librería para realizar a nosa tradicional migración cara terras coruñesas. Alí nos poderedes atopar en dúas citas komiqueiras estivais de referencia: a Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico. Lembrade que nos dous eventos poderedes beneficiarvos dun 10% de desconto na compra dos vosos cómics.
Komic Librería, na Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico 2020
31/07/2020
Durante o mes de agosto, como cada ano, pecharemos as portas de Komic Librería para realizar a nosa tradicional migración cara terras coruñesas. Alí nos poderedes atopar en dúas citas komiqueiras estivais de referencia: a Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico. Ámbolos dous eventos contarán con protocolos axeitados aos tempos que vivimos, para garantir tanto a vosa seguridade como a nosa, así que animádevos a acudir.
Miguel Fernández presenta «La espada de San Eufrasio #3: un pacto con Satanás» en Komic Librería
29/01/2020
O venres 31 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, o debuxante Miguel Fernández visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do cómic La espada de San Eufrasio #3: un pacto con Satanás (Diábolo Ediciones), terceira entrega da adaptación da novela de Pepe Rey que está a realizar man a man con Manolo López Poy.
Cristian F. Caruncho presenta «Grandarroiba» en Komic Librería
15/01/2020
O venres 17 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, Cristian F. Caruncho visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares de Grandarroiba, o seu primeiro cómic longo, editado por Demo Editorial.
1/35
- Anterior
- Seguinte