O PEXEGO MECÁNICO, de Víctor Tizón (Demo): unha imaxinativa e divertida viaxe polo Alén.
02/05/2022
O certo é que o pasado verán foi toda unha sorpresa, e ben agradecida, a publicación de O pexego mecánico por parte de Demo Editorial. Sorprendente polo inclasificable e pouco habitual do seu estilo no panorama da bd galega contemporánea e porque a súa saída do prelo conlevaba o retorno de Victor Tizón, ilustrador e historietista vigués a quen atopamos na primeira liña dos fanzines e publicacións alternativas nos rebuldeiros inicios dos anos oitenta. Malia centrar a súa carreira na ilustración e no humor gráfico durante as décadas seguintes a pegada do underground da época resulta evidente nas páxinas do título que hoxe vos comentamos, un lisérxico e surrealista paseo pola fronteira infinda entre a vida e a morte.
O DESTINO DE KAMEKO, de Abel Alves e Jorge Campos (Aira): aventuras e fantasía no Xapón do século XIX.
01/03/2022
O poder de atracción da cultura xaponesa resulta innegable nestes días, onde cada vez son máis as persoas enfeitizadas por un país onde tradicións milenarias e fascinantes camiñan da man coa modernidade máis futurista. Un engaiolamento no cal ten moito que dicir a tremenda difusión do manga e do anime, a banda deseñada e os debuxos animados xaponeses, que contan por millóns e millóns os seus seguidores nos países occidentais. Xa que logo non é unha sorpresa que a súa influencia chegue ata a bd galega e dous dos seus nomes máis relevantes unan as súas forzas para nos presentar un estupendo relato ambientado no País do Sol Nacente do século XIX.
DESTINO SANTIAGO, de Helder Rodrigues (Demo): camiñando con sinceridade e humor.
29/01/2022
Temos comentado en varias ocasións que resulta curioso o
escaso número de bandas deseñadas que tratan a temática xacobea, sobre todo se
temos en conta a morea de ensaios, guías ou documentais que hai sobre o Camiño
de Santiago.
ESTOY AQUÍ, de Iván Sende (Diábolo): a exhaustiva, nítida e rigurosa biografía de Ramana Maharshi (1879-1950).
02/12/2021
Iván Sende é, sen dúbida algunha, unha necesaria rara avis dentro do panorama comiqueiro galego, un autor extraordinario e único que segue o seu propio camiño, seguro do que fai e de como o fai, que vén de sorprendernos de novo con Estoy aquí, o seu último traballo.
AS AVENTURAS DE VANI: MONTAÑA, de Jorge Campos (Demo): a presentación dun pillabán de altura.
07/11/2021
Falámosvos hoxe dunha das novidades da banda deseñada galega aparecidas nestes últimos meses, un álbum dirixido cara o público infantil e xuvenil que foi presentado no pasado festival Viñetas desde o Atlántico.
1/52
- Anterior
- Seguinte