Komic Librería, na Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico 2020

Komic Librería en agosto


Durante o mes de agosto, como cada ano, pecharemos as portas de Komic Librería para realizar a nosa tradicional migración cara terras coruñesas. Alí nos poderedes atopar en dúas citas komiqueiras estivais de referencia: a Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico. Ámbolos dous eventos contarán con protocolos axeitados aos tempos que vivimos, para garantir tanto a vosa seguridade como a nosa, así que animádevos a acudir.

Fainos moita ilusión voltar á Coruña, un lugar onde temos moita xente querida e onde nos sentimos como na casa, e máis neste ano cheo de situacións extraordinarias. E volveremos, como sempre, cargados de boas lecturas e recomendacións para todos os gustos. Lembrade que nos dous eventos poderedes beneficiarvos dun 10% de desconto na compra dos vosos cómics.


Feira do Libro da Coruña
Do 1 ao 10 de agosto
Caseta 1
Horario: de 11:00 a 14:00 h e de 18:00 a 22:00 h


Salón Viñetas desde o Atlántico
Do 17 ao 23 de agosto
Caseta pendente de confirmar
Horario: de 11:00 a 14:00 h e de 18:00 a 22:00 h


Se non podedes acudir a estas citas, vémonos en Komic Librería a partires do 1 de setembro, cando retomaremos os nosos horarios habituais. Feliz agosto a tod@s!