Participa na elección do Komic Favorito 2012

Komic Librería: Grande Elección Komic Favorito 2012


Como xa estamos a punto de deixar atrás o 2012, pensamos que estaría ben seleccionar o seu Komic Favorito, é dicir, o preferido de entre os preferidos de todos os publicados ao longo deste ano. Dende Komic Librería propoñémosvos 10 cómics para que, ata o 20 de decembro, poidades votar por algún deles na enquisa publicada no noso Facebook. Animádevos a participar na elección do Komic Favorito 2012!


Vota polo teu Komic Favorito 2012

Participar é moi sinxelo:

1) Pulsa AQUÍ para acceder á enquisa do noso Facebook.
2)
Vota por algún dos 10 cómics da lista.


Únete a Komic Librería en Facebook

Se aínda non engadiches Komic Librería ás túas páxinas favoritas en Facebook, podes facelo doadamente seguindo estes pasos:

1) Pulsa AQUÍ para visitar a nosa páxina en Facebook.
2)
Unha vez alí, pulsa o botón GÚSTAME.

Me Gusta Komic Librería

3) Listo! Moitas grazas por seguirnos en Facebook.


Komic Favorito 2012 - títulos propostos

A continuación presentámosvos os 10 cómics que seleccionamos de entre todos os publicados este ano. Cos vosos votos, un deles será elixido Komic Favorito do 2012. Moitas grazas pola vosa colaboración!

PortugalPortugal
Cyril Pedrosa

Norma
2012

O autor de Tres Sombras volve cativarnos coa busca da súa propia identidade, somerxéndose na súa orixe portuguesa.


Los ignorantesLos ignorantes

Étienne Davodeau

La Cúpula
2012

Davodeau é un artesán da historieta, pero non é un gran coñecedor da viticultura. Pola contra, o seu amigo Richard Leroy é un artesán do viño, pero un profano en cuestións de cómic. Durante un ano comparten coñecementos, ensinanzas e experiencias, beben e len, e gozamos moito coas súas reflexións.


ArdalenArdalén
Miguelanxo Prado

El Patito (Galego) / Norma (Castellano)
2012

A esperadísima nova obra do autor coruñés tráenos unha profunda reflexión sobre os mecanismos da memoria, coa súa característica e cálida mestría gráfica.


El Héroe Libro DosEl Héroe. Libro Dos
David Rubín

Astiberri
2012

Segundo e último tomo deste particular visión dos Doce Traballos de Heracles. Acción, mitoloxía e superheroes cun debuxo espectacular.


Winbledon GreenWinbledon Green
Seth

Sins Entido
2012

A historia do maior coleccionista de cómics nun mundo surrealista, onde a novena arte está hipervalorado a nivel artístico e económico, contada por Seth con humor e, sobre todo, moito, moito amor polo medio.


El ÁngelusEl Ángelus
Zidrou / Homs

Norma
2012

Clovis, un home gris de mediana idade, vive unha profunda revolución persoal tras obsesionarse co cadro do Ánxelus, a obra do pintor francés Millet.


NeandertalNeandertal
Roudier

Norma
2012

Unha grande historia de aventuras na época do home de Neandertal, onde o protagonista, Laghu, terá que percorrer un camiño cheo de esforzos e superación para recuperar a honra da súa tribo.


Castelao. O Pobre ToloCastelao. O Pobre Tolo
Inacio / Iván Suárez

Demo Editorial / Komic Librería
2012

No ano 1934 Castelao está desterrado por motivos políticos en Extremadura, circunstancia que lle pesa enormemente. Naquela época, durante unha viaxe a Portugal, adquire un exemplar da obra "O pobre tolo", de Teixeira de Pascoaes.


Castelao. TitoánCastelao. Titoán
Inacio / Iván Suárez

Demo Editorial
2012

Mentres viaxa no tranvía que había a inicios do século vinte entre Pontevedra e Marín, Castelao recorda certa anécdota que viviu en Rianxo anos atrás, cando fixo un cabezudo do tipo máis feo do lugar...


VaporVapor
Max

La Cúpula
2012

Nova obra do autor barcelonés onde, co seu particular estilo, nos conta a historia de Nicodemo, un novo eremita que se retira ao deserto en busca do sentido último e inapelable.


Esperamos os vosos votos para elixir o Komic Favorito 2012!