Manel Cráneo presenta Cousas de mortos e A Torre dos Mouros en Komic Librería

Komic Librería: Cousas de mortos


O venres 18 de xaneiro, ás 18:00 horas, Manel Cráneo visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares dos seus novos cómics, Cousas de mortos e A Torre dos Mouros, así como da segunda edición de Os lobos de Moeche, todos eles editados por Demo Editorial.

Cousas de mortos é un álbum que recompila varias historias curtas ás que une un particular nexo común: todas están protagonizadas por esqueletos.

Komic Librería: Cousas de mortos

Segundo volume da colección HäinöS, Cousas de mortos recorre á fantasía, a filosofía, a ironía, o humor negro e a crítica social para conseguir que os mortos funcionen como caricatura dos vivos.

Komic Librería: A Torre dos Mouros - Os lobos de Moeche

Acompañando a Cousas de mortos chega A Torre dos Mouros, unha historia curta na que Manel Cráneo interpreta como era a vida no xacemento altomedieval do mesmo nome, situado en Lira.

Durante o desenvolvemento de A Torre dos Mouros, Manel Cráneo contou co asesoramento de Antón Malde, arqueólogo e director da escavación, e de Manuel Gago, historiador e xornalista.

Pola súa banda, Os lobos de Moeche foi o primeiro cómic longo realizado en solitario por Manel Cráneo, unha historia de aventuras que transcorre a finais do século XV, mesturando personaxes históricos e ficticios sobre o trasfondo das Guerras Irmandiñas.

Komic Librería: Presentación de Cousas de mortos

Máis información:

Manel Cráneo en Cultura Galega

Cousas de mortos en Cultura Galega

Os lobos de Moeche en Cultura Galega

Colección HäinöS

Demo Editorial