Miguel Fernández e Manel Cráneo presentan Os días do cometa en Komic Librería

Komic Librería: Os días do cometa


O venres 22 de marzo, ás 18:00 horas, o debuxante Miguel Fernández e oeditor Manel Cráneo visitarán Komic Librería para presentar o cómic Os días do cometa, recén editado por Demo Editorial.

En Os días do cometa, o guionista e xornalista Manolo López Poy alíase de novo con Miguel Fernández para abordar o mundo do crime e a delincuencia en Galicia, como xa fixeran na súa anterior obra, Mamed Casanova: O fillo da furia, un exitoso cómic do que agora chega a súa segunda edición.

Komic Librería: Os días do cometa

Nesta ocasión, o paso do cometa Halley serve de fondo para unha crónica negra solidamente ambientada no rural galego dos 80, onde catro amigos da infancia conflúen nunha espiral de corrupción e narcotráfico. Polo seu estilo e temática, Os días do cometa é unha obra valente, dura e transgresora, que reafirma ós seus autores como máximos expoñentes do xénero negro en Galicia.


Máis información

Artigo de Manel Cráneo en Komic.es

Trailer de Os días do cometa

Blog de Manolo López Poy

Blog de Miguel Fernández


Entrevista a Manolo López Poy en Praza Pública

Blog de Demo Editorial


Komic Librería: Os días do cometaOs días do cometa
Manolo López Poy / Miguel Fernández

Demo Editorial
Tomos: 1