Jano presenta Operario en Komic Librería
O venres 18 de outubro, ás 18:00 horas, Jano visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu último cómic, Operario, editado por Demo Editorial.
Operario é un álbum mudo, sinxelo e directo que, mesturando comedia, aventura e drama social, narra un día calquera na vida dun operario de máquinas durante unha era industrial atemporal.
Con este cómic, Demo Editorial inaugura a colección Demográfica, na que terán cabida libros de pequeno formato que concedan maior peso ás imaxes que ás palabras.
Contamos coa vosa presenza!