La isla sin sonrisa, de Enrique Fernández: unha historia cargada de maxia

Komic Librería: La isla sin sonrisa


Esta historia cargada de maxia transcorre nunha illa baleeira nun tempo indeterminado. A relación de tan só uns días entre un xeólogo que chega á illa e unha nena que vive nela convertirase no tronco narrativo deste relato.

Komic Librería: La isla sin sonrisa

Malia que os seres humanos somos en gran parte sentimentos non se nos ensina en ningún intre das nosas vidas a xestionalos, e deste xeito cadaquén amáñase coma pode e, tanto nas nosas relacións coas persoas que nos rodean como nas decisións que tomamos ao longo das nosas vidas, deixámonos guiar polas experiencias e coñecementos adquiridos e polo noso propio instinto.

Komic Librería: La isla sin sonrisa

Pero hai algo que todos sabemos e é que a ledicia é un sentimento efémero, que dura tan só uns intres e axiña esvaece. Pola contra a tristura, cando chega, é para ficar, ás veces tempo de máis, e tan só a esperanza consegue facela desaparecer.

Komic Librería: La isla sin sonrisa

Neste libro faise fincapé nestes sentimentos, é dicir: a gran tristura do home que chega á illa choca de fronte coa desbordante alegría e fantasía que posúe a nena. A maxia e os misterios que envolven a illa, e que a nena vive con gran naturalidade, farán que o xeólogo, o señor Dean, recupere a espeanza e polo tanto o sorriso.

Komic Librería: La isla sin sonrisa

Dicir tamén que Enrique Fernández realiza un traballo marabilloso, os debuxos desprenden unha gran dozura e o ritmo narrativo é moi vivo, non hai unha soa páxina na que non aconteza algo. Obra aparentemente orientada cara o público xuvenil pero altamente recomendable para todos os públicos.


Komic Librería: La isla sin sonrisaLa isla sin sonrisa
Enrique Fernández

EDT
Tomos: 1