El sabueso, vol 1: St Mary's Ribbon, de Jiro Taniguchi: un detective con olfato canino

Komic Librería: El sabueso


Cando un artista con experiencia afronta un novo proxecto coa mesma dose de entusiasmo e motivación coa que o faría un novato ao que ofrecen unha oportunidade, o resultado non pode ser decepcionante. Este é o caso de El sabueso, de Jiro Taniguchi.

Taniguchi levaba tempo tentando conseguir os dereitos para poder adaptar esta serie de relatos e acadou realizar unha historia atractiva e respectuosa coa obra orixinal. Unha dificultade engadida é que algúns dos temas que inevitablemente toca son moi técnicos e pouco coñecidos para el, en concreto o adestramento que teñen que seguir os cans guías para invidentes e os cambios nas técnicas nos últimos anos, xa que o relato orixinal foi escrito e ambientado hai máis de vinte anos.

Komic Librería: El sabueso

Este mestre do manga recoñece que as vidas e o carácter dos personaxes non teñen nada que ver con el, pero tal vez iso foi o que lle atraeu, ademais de que nos relatos de Itsura Inami percibimos un sentimento de amor e respecto cara a natureza que, como xa sabemos os fans de Taniguchi, comparte plenamente con el.

Komic Librería: El sabueso

O protagonista dos nove capítulos dos que consta este tomo de El sabueso é un detective especializado en procurar cans perdidos ou roubados. Por se fora pouco esta rara profesión, Taku Ryumon non acepta un traballo se a raza do can non é de caza.

Komic Librería: El sabueso

Ryumon é un home de principios, non se deixa amedrentar por ninguén, por moi poderoso que sexa, e non se deixa mercar. Mais todos temos un tendón de Aquiles e semper podemos facer unha excepción, así que algo fará que o noso detective xogue por unha vez fóra do seu terreo coidando deixar pechadas todas as feridas e un certo desacougo producido pola súa acción profesional.

Komic Librería: El sabueso

Taniguchi dá mostras unha vez máis da súa mestría e promete un segundo volume con guión propio porque di que lle colleu cariño a Ryumon e aos secundarios que o acompañan nestas brillantes páxinas.


Komic Librería: El sabuesoEl sabueso, vol 1: St Mary's Ribbon
Jiro Taniguchi / Itsura Inami

Ponent Mon
Tomos: 1