Out of my brain, de M.A. Martín: existencia tinguida dun nihilismo descorazonador

Komic Librería: Out of my brain. Viaje sin retorno


Pillounos por sorpresa atoparnos de novo cun personaxe tan entrañable como Brian The Brain, ao que coñecimos de neno, nunha fase intermedia de preadolescente e agora vemos como un malpocado que anda pola trintena e que a duras penas conseguiu encaixar nunha aséptica sociedade futurista.

Komic Librería: Out of my brain. Viaje sin retorno

Miguel Ángel Martín (León, 1960) é un dos historietistas españois máis respectados e galardoados tanto a nivel nacional como internacional. Polémico e controvertido polo seu estilo directo e cru e sobre todo polo xeito explícito que ten de tratar temás tabú para a maioría de xente da súa xeración. Foi, sen dúbida algunha, un visionario ao crear este personaxe a comezos dos noventa.

Komic Librería: Out of my brain. Viaje sin retorno

Ao reler as primeiras historias de Brian (compiladas por La Cúpula na colección Brut e posteriormente nun tomo integral aínda dispoñible) sorprende a exactitude do que daquela imaxinou o autor sobre os avances en materias como a xenética, a nanotecnoloxía, a robótica ou os implantes. Estes son algúns dos temas que xorden nas historias de Brian, aparentemente de forma casual, xa que o noso interese principal non deixará de ser nunca a difícil aventura que supón cada un dos días do noso protagonista.

Komic Librería: Out of my brain. Viaje sin retorno

Miguel Ángel Martín reconstruíu o mito do monstro que ao mesmo tempo personifica a pureza e unha extraordinaria dozura creando un forte contraste co que o rodea e á vez co resto da súa obra.

Komic Librería: Out of my brain. Viaje sin retorno

Brian naceu cunha malformación xenética como consecuencia dos experimentos aos que foi sometida a súa nai durante moito tempo: o seu cerebro está exposto, non ten cráneo. Isto, que non deixa de ser un simbolismo, dotouno así mesmo de certas aptitudes como a telepatía, a telequinesia e unha intelixencia superior. Durante a súa nenez, ao igual que a súa nai, serviu de cobaia en BIO-LAB e ao chegar á idade adulta (igual que millóns de mozos de Occidente) atópanlle un anodino traballo de oficina.

Komic Librería: Out of my brain. Viaje sin retorno

Cando era neno, e malia o seu elevado grao de consciencia, non lle importaba expoñer a súa deformidade. Conviviu con nenos normais mentras llo permitiron e tentou ser todo o feliz que puido. Logo compartiu a súa existencia con outros nenos discapacitados e tivo que ver auténticas atrocidades.

Komic Librería: Out of my brain. Viaje sin retorno

Agora de adulto oculta o seu cerebro baixo un gorro que nunca se quita (algo tamén moi significativo), prefire estar á marxe, non se relaciona e cústalle controlar a súa telequinesia e os seus pensamentos, que se convirten de xeito involuntario en palabras. Non emprega as redes sociais, que considera superficiais e narcisistas, e como xa lle acontecera na preadolescencia, cando cre ter atopado a alguén para establecer unha relación gratificante e afectuosa a oportunidade esvaécese ao instante e para sempre.

Komic Librería: Out of my brain. Viaje sin retorno

En Out of my brain, o novo tomo que Rey Lear-Reino de Cordelia acaba de publicar con exquisito gusto e co que conclúen as aventuras de Brian, o autor formula unha serie de paralelismos abraiantes e precisos. Aparentemente estamos ante un álbum menos intenso que o da súa nenez, tinguido dun nihilismo descorazonador, exactamente igual que a existencia de Brian.

O máis probable é que Miguel Ángel Martín se volvera adiantar ao seu tempo.


Komic Librería: Out of my brain. Viaje sin retorno

Out of my brain. Viaje sin retorno
Miguel Ángel Martín

Rey Lear
Tomos: 1