Los ignorantes: Davodeau espido

Los ignorantes


A última obra de Etienne Davodeau parte dun plantexamento orixinal e atrevido do que dubidabamos moito, mesmo coñecendo a fondo a nada errática traxectoria do autor francés. Este prexuízo desaparece en canto se le o primeiro capítulo (trinta páxinas), no que xa aprezamos a fórmula que, ademais de novidosa, resulta efectiva.

Na primeira páxina Davodeau propón a Richard Leroy, un bo amigo viticultor que case non leu cómics, traballar gratis nas súas viñas, que lle explique o que acontece na súa adega e que o inicie na degustación do viño, en troques el ofrécese a descubrirlle o mundo da bd, facilitándolle lotes para ler, visitando autores, editores, festivais...

Los ignorantes

Isto suporá un ano enteiro de convivencia que nos vai servir aos lectores que non sabemos moito sobre o viño para coñecer todo o proceso da súa elaboración: veremos tanto o traballo do campo (a poda, o coidado da viña, a vendima…) como o da adega, ou mesmo o aspecto máis comercial. Á vez, os que descoñecen o universo comiqueiro descubrirán os múltiples xeitos que teñen os autores de afrontar o seu traballo, como funciona unha editorial, unha imprenta ou a organización dun festival.

Los ignorantes

En fin, un ano dá para moito e moito recibimos tamén das case trescentas páxinas deste tomo editado por La Cúpula, e que desparece dos andeis da nosa librería tan rápido como o faría unha das tantas botellas de bo viño que desfilan por Los ignorantes.


Los ignorantesLos ignorantes
Étienne Davodeau

La Cúpula
Tomos: 1