El gran muerto, de de Loisel, Mallié e Djian: ponte entre fantasía e realidade

El gran muerto


Hai ocasións na vida nas que desexariamos saír un pouco da rutina, rachar con todo o cotiá e facer, por exemplo, unha viaxe. Así comeza “El gran muerto”, de Loisel e Mallié: cunha viaxe.

El gran muerto

Aínda que nun principio é un sinxelo desprazamento en tren a unha pequena vila francesa da Bretaña, pouco a pouco ao longo da obra vaise convertir nunha abraiante aventura. Os protagonistas vanse ver envoltos, por medio da maxia, nunha historia que vai mudar as súas vidas para sempre: deben axudar a uns estraños seres, ao parecer dun diminuto mundo, a acadar o equilibrio entre os catro clans que o forman, mais todo se complica cando regresan ao mundo real e traen consigo algo máis que os seus recordos.

El gran muerto

O tempo que pasan “fóra” non avanza da mesma maneira que para nós, de tal xeito que ao regresar tras o que semellan un par de días, atópanse con que en realidade pasaron varios anos e a crise fai verdadeiros estragos en toda Europa.

El gran muerto


Loisel é un verdadeiro mestre da narración, sabe dosificar á perfección os momentos fantásticos cos realistas en igual medida e, aínda que a obra non conclúe neste tomo, pode lerse perfectamente como se así fora.

El gran muerto

E que dicir dos debuxos de Maillé: recoñécese o seu estilo en canto abrimos o álbum, xa que colaborou con Loisel en “La búsqueda del pájaro del tiempo”. Agardamos que gocedes con esta historia tanto coma nós, ¡boa viaxe!


El gran muertoEl gran muerto
Régis Loisel / Vincent Mallié / JB Djian

Planeta
Tomos: 1