Desembarcan en Komic Librería as figuras de acción de One Piece

Komic Librería: Figuras de acción de One Piece


Chegan a Komic Librería, da man de Obyz, as espectaculares figuras de acción de Luffy, Zoro e Buggy, protagonistas do exitoso manga One Piece creado por Eiichiro Oda. As figuras, de entre 12 e 14 cm de alto, contan con articulacións e características que reflicten os principais trazos dos tres personaxes.


Luffy

Komic Librería: Figuras de acción de One Piece

Monkey D. Luffy, alcumado Luffy Sombreiro de Palla, é o protagonista principal de One Piece, e conseguiu poderes elásticos ao comer unha Akuma no mi ou Froita do Demo. Ao igual que o personaxe, a figura conta cun sistema que permite estender os seus brazos.


Zoro

Komic Librería: Figuras de acción de One Piece

O espadachín Roronoa Zoro, famoso cazador de recompensas, foi o primeiro membro en unirse aos Piratas do Sombreiro de Palla, converténdose no máis fiel compañeiro de Monkey D. Luffy. A figura, equipada cunha katana e dous sabres con funda, dispón dun sistema que lle permite mover os brazos para repartir mandobles a destro e sinistro.


Buggy

Komic Librería: Figuras de acción de One Piece

Buggy el Payaso é o capitán dos Piratas de Buggy que, tras comer accidentalmente unha Bara Bara no Mi ou Froita do Demo, pode separar o seu corpo en varias partes que loitan independentemente. Igualmente, esta figura articulada pode descompoñerse e recompoñerse e, ademais, vén con capa removible.