Novidades destacadas en merchandising de Star Wars, Batman, Dragon Ball Z e Blacksad

Merchandising Komic Librería


Estes días recibimos en Komic Librería un montón de novidades destacadas de merchandising: dende figuras articuladas a bustos, estatuas ou sabres láser, seguro que aquí encontraredes un montón de ideas para regalar a incondicionais de Star Wars, Batman, Dragon Ball Z ou Blacksad...


Dragon Ball Z - Piccolo (Bandai)

Dragon Ball Z - Piccolo (Bandai)

Bandai tráenos esta espectacular figura de Piccolo, nova incorporación da serie Dragon Ball Z á súa liña de figuras de alta calidade Figuarts Zero. Fabricada en PVC, mide 14 cm de alto e inclúe un brazo intercambiable, capa e efectos de fume para decorar a base de apoio.


Batman DC Gran Formato (Jakks Pacific)

Batman DC Gran Formato (Jakks Pacific)

Espectaculares figuras de Batman, de 79 e 50 cm de altura e con 7 puntos de articulación.


Blacksad - John Blacksad #2 (Attakus)

Blacksad - John Blacksad #2 (Attakus)

Os personaxes do aclamado cómic Blacksad, de Guarnido e Canales, cobran vida da man de Attakus. Neste caso trátase dun busto de resina de John Blacksad que mide 17 cm de altura e se presenta en edición limitada e numerada: toda unha xoia de colección para os amantes do bo cómic europeo.


Star Wars - Darth Vader (Attakus)

Star Wars - Darth Vader (Attakus)

Estatua de resina de Darth Vader que, cos seus 21 cm de altura e unha tiraxe limitada a 3000 unidades, é toda unha peza de colección dedicada aos fans máis acérrimos de Star Wars.


Star Wars - Chubby Dolls (Hot Toys)

Os Chubby Dolls presentan os principais personaxes de Star Wars a xeito de bonecas rusas.

Star Wars - Chubby Dolls (Hot Toys)Star Wars - Chubby Dolls (Hot Toys)Star Wars - Chubby Dolls (Hot Toys)Star Wars - Chubby Dolls (Hot Toys)

Esta primeira serie inclúe 4 caixas con 3 figuras cada unha: Boba Fett + Bossk + Zuckuss, C3PO + R2-D2 + Jawa, Yoda + Mace Windu + Obi-Wan Kenobi e Chewbacca + Han Solo + Greedo.


Star Wars - The Black Series (Hasbro)

As figuras Speeder Bike con Biker Scout e Jabba The Hutt constitúen un bo exemplo das Black Series de Hasbro.

Star Wars - The Black Series (Hasbro)Star Wars - The Black Series (Hasbro)

Especialmente creada para os coleccionistas de Star Wars, esta liña inclúe figuras de acción de 15 cm de altura que se caracterizan polo coidado dos detalles.


Star Wars - Sabres láser electrónicos (Hasbro)

Star Wars - Sables láser electrónicos (Hasbro)

Sabres láser extensibles de Yoda e Darth Maul, este último con dobre fío.


Star Wars - Sabres láser básicos (Hasbro)

Star Wars - Sables láser básicos (Hasbro)

Sabres láser extensibles de Anakin Skywalker e Darth Vader, sen luz, realistas e sempre listos para o combate.


Star Wars - Vinyl Pop (Funko)

Os personaxes de Star Wars tamén contan con ampla representación na colección Vinyl Pop de Funko, sorprendentes figuras de aproximadamente 10 cm de alto de Darth Vader, Stormtrooper, Queen Amidala, Hammerhead, Admiral Ackbar, Jar-Jar Binks, Lando Calrisian e Wampa.

Star Wars - Vinyl Pop (Funko)Star Wars - Vinyl Pop (Funko)Star Wars - Vinyl Pop (Funko)Star Wars - Vinyl Pop (Funko)Star Wars - Vinyl Pop (Funko)Star Wars - Vinyl Pop (Funko)Star Wars - Vinyl Pop (Funko)Star Wars - Vinyl Pop (Funko)