Filosofía en viñetas: unha sorprendente mestura

Komic Librería: Asi habló Zaratustra, El manga


É bastante habitual atopar obras literarias adaptadas á banda deseñada, mais existen tamén xéneros e temáticas que non semellan axeitados para facer unha versión gráfica. Pois ben, a versatilidade da novena arte non deixa de sorprender, e dicimos isto polos títulos que a editorial Herder pon á nosa disposición dende hai xa máis de dous anos, cando esta centenaria editorial barcelonesa decidíu introducirse no mundo do cómic.

Komic Librería: Manga filosóficos editados por Herder

Tradicionalmente centrada en obras relacionadas co pensamento e a espiritualidade (filosofía, teoloxía, relixión, socioloxía, educación, psicoloxía, etc.) sorprendeu ao público comiqueiro coa publicación, en abril de 2011, do primeiro dos seus manga filosóficos: a adaptación de Así habló Zaratustra, de Friedrich Nietzsche, que tivo unha grande acollida, tanto polos lectores e lectoras como pola crítica. Este éxito animou á editorial a seguir este camiño e dende entón sacaron do prelo La Divina Comedia, de Dante Alighieri, El Príncipe, de Maquiavelo, e El arte de la guerra, de Sun Tzu.

Komic Librería: Manga filosóficos editados por Herder

Máis recentemente editaron dous títulos máis que necesarios nestes tempos: El Capital, de Karl Marx, e El Contrato Social, de Rousseau.

Todas estas obras son versións libres, pero moi respectuosas, dos títulos orixinais e, sen substituilos, poden ser unha moi boa maneira de introducirse en temas de gran densidade e complexidade. E aínda que sexan moi recomendables para os estudantes, o público adulto tamén pode gozar e aprender coa súa lectura.