Dibbuks lanza o segundo volume de Marieta - Los recuerdos de Naneta

Komic Librería: Marieta 2 - Camino de la escuela


Dibbuks anunciou o lanzamento do segundo volume de Marieta - Los recuerdos de Naneta, titulado Camino de la escuela, unha nova entrega desta marabilla creada por Nob que, como o seu anterior volume, fará as delicias tanto dos nosos komiqueiros máis peques como dos seus pais.

Komic Librería: Marieta 2 - Camino de la escuelaNeste segundo tomo, que transcorre no outono, Naneta recorda como a súa nai a levou á casa do seu avó, onde ten que integrarse nas rutinas da vida no campo: madrugar, estudar, traballar... Ao principio cústalle afacerse a esta vida, pero pronto se verá animada por novos amigos que a acompañarán nas súas rutas a través do campo.

Komic Librería: Marieta 2 - Camino de la escuela

Unha das virtudes de Marieta - Los recuerdos de Naneta é a fantástica secuenciación das súas páxinas, que nalgúns casos mesmo prescinden de textos de apoio para funcionar. Toda unha delicia moi recomendable.