Abraiante promoción para «Saphari», a nova obra de Miguel Ángel Martín

Saphari


O vindeiro 19 de outubro sae á venda Saphari, unha nova novela gráfica obra do leonés Miguel Ángel Martín, un autor de estilo persoal e inconfundible que forma parte fundamental do panorama da ilustración española das últimas tres décadas, e a quen moito coñeceredes por títulos como Brian the Brain ou Rubber Flesh.

Saphari representa o seu regreso ao mundo da novela gráfica, 12 anos despois do seu anterior traballo, Playlove. Saphari é tamén o nome do escenario principal do relato, un particular restaurante adicado ás carnes exóticas e ás delicatessens máis extravagantes, frecuentado por personaxes diversos, e onde Martín mestura boas doses de acción e tenrura cos habituais temas recorrentes (violencia, sexo extremo, fetichismos…) que fan das súas obras títulos desacougadamente fascinantes.

Saphari

Para celebrar esta publicación, a editora Reino de Cordelia bota a casa pola fiestra e agasallará, a cada unha das persoas que reservedes este título, cun debuxo orixinal do propio Miguel Ángel Martín, feito a lapis sobre un papel DINA-4 de Canson de 200 gramos.

Saphari

Saphari

Saphari

Saphari

Unha oportunidade magnífica para facerse co novo álbum e a arte deste autor mítico: non a perdades!


Saphari

Saphari
Miguel Ángel Martín

Reino de Cordelia
Tomos: 1