Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en decembro de 2014

Top 10 Komic Librería


Pensabades que se nos esquecera a nosa tradicional selección de títulos editados cada mes? Máis vale tarde que nunca: aquí vos deixamos o Top 10 das obras que máis nos gustaron do moito (e bo) que chegou a Komic Librería durante o último mes do recentemente rematado 2014. Esperamos que vos resulten de interese...


10

Little Nemo en SlumberlandLittle Nemo en Slumberland
Winsor McCay
Ediciones Kraken

Nova edición en castelán, e nun tomo único, desta serie emblemática da novena arte onde se nos contan as surrealistas aventuras que vive o pequeno Nemo nos seus imaxinativos soños.


09

El perro bizcoEl perro bizco
Éttienne Davodeau
001 Ediciones

A nova obra do noso aprezado Davodeau afástase do seu habitual aire documental e social para realizar unha obra cómica que ten como escenario principal o museo do Louvre.


08

Nosotros llegamos primeroNosotros llegamos primero
Furillo
Autsaider Cómics

A primeira obra longa deste histórico do humor bizarro e do underground máis delirante, unha magna obra con arrecendo a Varon Dandi, a Soberano e a Ducados que explora a hipotética posibilidade de que os españois foran os primeiros en pisar la superficie da Lúa. Como din dende Autsaider: «a única novela gráfica que asinarían conxuntamente Phillip K. Dick, Ian Fleming e José Frade».


07

Esteban (Integral 1)Esteban (Integral 1)
Matthieu Bonhomme
Norma Editorial

Estupendo primeiro integral desta obra, de agradable lectura, que nos sitúa nun barco baleeiro austral a comezos do século XX. Aventuras en tempos que mudan, a tradición fronte ao progreso nas xélidas augas antárticas da man dun gran e dinámico autor como é Bonhomme.


06

Blackface BanjoBlackface Banjo
Franz Duchazeau
Spaceman Books-ECC Ediciones

Xa nos abriara este autor hai anos, co marabilloso El sueño de Meteor Slim, e agora volvemos a gozar co seu sentido do humor e da narración nesta comedia de axilísimo trazo e intelixente argumento. Un auténtico deleite visual.


05

Tramp (Integral 1)Tramp (Integral 1)
Jean-Charles Kraehn / Patrick Jusseaume
Ponent Mon

Outro magnífico exemplo do xénero aventureiro, nesta ocasión un thriller marítimo sorprendente e intrigante, solidamente narrado e ambientado a ámbolas dúas beiras do Atlántico nos anos seguintes á Segunda Guerra Mundial.


04

O'Boys (Integral)O'Boys (Integral)
Colman / Cuzor / Thirault
Norma Editorial

Empregando escenarios, personaxes e situacións recorrentes do sur norteamericano dos anos trinta os autores constrúen un fenomenal relato de aventuras ao estilo clásico. Aquí podedes atopar máis información sobre esta obra.


03

75 Years of Marvel Comics75 Years of Marvel Comics
Roy Thomas / Josh Baker
Taschen

Unha auténtica peza de coleccionista, editada luxosamente nun formato espectacular e cunha abraiante selección de imaxes, onde se recollen os setenta e cinco anos de historia da mítica editorial estadounidense.


02

Aama #4Aama #4
Frederik Peeters
Astiberri

Unha conclusión apoteósica para esta xenial serie de ciencia ficción en catro tomos que mestura ideas fantásticas e cheas de imaxinación cun marcado carácter existencialista. Hai poucos días xa vos falamos desta nova obra mestra do suízo Peeters.


01

Historias del barrio. Caminos
Gabi Beltrán y Bartolomé Seguí
Astiberri

Historias del barrio. Caminos

Regresan as vivencias dun Gabi Beltrán adolescente no barrio chino de Palma de Mallorca, alá polos anos oitenta. Neste segundo volume o ton faise un chisco máis reflexivo, mantendo a súa honestidade e magnífica narrativa. Podedes ler a nosa opinión máis a fondo aquí.