Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en febreiro de 2015

Top 10 de Komic Librería


Aquí vos deixamos a nosa particular selección das novidades editadas durante o pasado mes de febreiro, un TOP 10 que chega ben variado: agardamos que vos sexa de interese!


10

Bribones: la maldición de la gallina y otras historiasBribones: la maldición de la gallina y otras historias
El Torres / Juan José Ryp / Diego Galindo / Miguel Genlot
Dibbuks

A volta ao mercado español desta divertida serie na que se parodia con gusto e imaxinación o xénero de espada e bruxería, empregando con tino os seus tópicos para facer das aventuras de Bram e Weasel unha das recomendacións máis sorprendentes deste 2015.


09

Sally Heathcote, sufragistaSally Heathcote, sufragista
Mary M. Talbot / Kate Charlesworth / Bryan Talbot
Ediciones La Cúpula

A apaixonante historia dunha loitadora nata, unha das mulleres que a través da desobediencia civil e da política reivindicaron para as mulleres dereitos laborais e sociais que lles eran negados na Inglaterra de comezos do século XX.


08

¿De verdad, Miss Annie?¿De verdad, Miss Annie?
Flore Balthazar / Frank Le Gall
Norma Editorial

Tras o primeiro tomo sobre Miss Annie, unha gatiña amiga das trasnadas, descubrimos neste volume as súas orixes, nun relato obrigado para todos os amantes das historias felinas.



07

Ciencia oscura #1: cómo caer eternamenteCiencia oscura #1: cómo caer eternamente
Remender / Scalera / White
Norma Editorial

Primeiro volume dunhas das series de ciencia-ficción máis agardadas, na que Rick Remender constrúe unha sorprendente historia chea de acción e moi divertida, con moitas referencias a clásicos da ficción científica e na que tamén salientamos o fenomenal traballo de Matteo Scalera no debuxo.


06

Predicador #9: ÁlamoPredicador #9: Álamo
Garth Ennis / Steve Dillon
ECC Ediciones

Punto e final tamén para a reedición da particular odisea do predicador Jesse Custer na súa procura de Deus, o emocionante e transgresor colofón dunha das obras fundamentais no cómic estadounidense dos anos noventa.


05

Poison IvyPoison Ivy
Yann / Berthet
Norma Editorial

A parella creativa responsable de Pin-up recupera aquí o personaxe da sensual femme fatale Poison para introducila nas filas dun comando de mulleres especiais na Segunda Guerra Mundial. Aventuras, acción e humor cun debuxo excelente.


04

El lobo de marEl lobo de mar
Riff Reb's
Spaceman Books

Excelente adaptación dun dos relatos de aventuras máis coñecidos de Jack London, no que se nos conta a relación entre Humphrey Van Weyden, un crítico literario, e Lobo Larsen, o cruel e amoral capitán do barco que o rescata tras sufrir un naufraxio.


03

Los 3 frutosLos 3 frutos
Zidrou / Oriol
Norma Editorial

O prolífico guionista volve aos nosos andeis, desta volta cun desacougante conto sobre a cobiza humana no que sobresae o excelente traballo plástico de Oriol, que volve acompañar a Zidrou tras La piel del oso.


02

André el Gigante: vida y leyendaAndré el Gigante: vida y leyenda
Box Brown
Astiberri

Unha interesante compilación de anécdotas que nos achega á figura de André o Xigante, unha das primeiras superestrelas no mundo da loita libre americana, tamén coñecido pola súa participación na película A princesa prometida, e da que vos falaremos máis polo miúdo proximamente.


01

Magasin Général #9: Notre-Dame-des-Lacs
Loisel / Tripp
Norma Editorial

Magasin Général #9: Notre-Dame-des-Lacs

Por fin foi publicado o agardadísimo derradeiro tomo desta magnífica historia costumista ambientada no Quebec dos anos vinte. Unha obra coral que avoga pola tolerancia e o entendemento, unha lectura amable cun estupendo sabor clásico.