Miguelanxo Prado presenta Ardalén en Komic Librería

Komic Librería: Ardalén


O venres 8 de febreiro, ás 17:30 horas, Miguelanxo Prado visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do esperadísimo Ardalén, o seu cómic máis extenso e ambicioso ata a data.

Miguelanxo Prado dedicou a Ardalén tres anos de traballo, partindo dun guión practicamente rematado en 2004, e que non empezou a bocetar ata 2009, cunha media de produción de 8 páxinas mensuais.

Komic Librería: Ardalén
Ardalén é un cómic sobre a memoria propia e a dos demais, no que un personaxe intenta reconstruír a súa historia a partir dos recordos cada vez menos fiables doutro, un tema que Miguelanxo Prado se viu impulsado a tratar ao tomar consciencia da súa importancia na construción da identidade.

Komic Librería: Presentación de Ardalén

Se vos apetece afondar un pouco máis nalgunhas das claves desta obra, podedes facelo lendo a reseña que publicamos na nosa web.


Máis información:

Biografía de Miguelanxo Prado en Cultura Galega

Ardalén en Norma Editorial

Web de Miguelanxo Prado


Komic Librería: ArdalénArdalén
Miguelanxo Prado

Norma (Castellano)
El Patito (Galego)
Tomos: 1