Mariano Casas presenta El Club del Miedo en Komic Librería
O venres 1 de marzo, ás 18:00 horas, Mariano Casas visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu último cómic, El Club del Miedo.
El Club del Miedo é unha novela gráfica de 220 páxinas, formato A5 horizontal en cor, na que Mariano Casas estivo a traballar os últimos dous anos, e que o propio autor define como "unha historia chea doutras historias, o traballo máis longo que fixen ata o momento e, para min, o mellor".
A edición de El Club del Miedo foi financiada a través de crowdfunding ou financiamento colectivo, un sistema do que Mariano Casas se proclama inventor porque "hai moitos anos comecei a financiar os meus cómics pedindo aos coñecidos un investimento a cambio de debuxalos na historieta".
Se queredes internarvos un pouco máis en El Club del Miedo, podedes facelo lendo a reseña que publicamos na nosa web.
Máis información:
Reseña de El Club del Miedo en Komic.es
Biografía de Mariano Casas en Cultura Galega
Blog de Mariano Casas
El Club del Miedo
Mariano Casas
Autoeditado
Tomos: 1