O máis destacado do último salón Viñetas desde o Atlántico... e da Feira do Libro de A Coruña

Komic Librería: A Coruña 2013


O pasado domingo 15 de setembro clausuráronse as exposicións da edición de Viñetas desde o Atlántico 2013, e facemos agora, pois, o resumo do que foi para Komic Librería esta cita inexcusable da bd en Galicia.

Xaime Lis na caseta de Komic Librería no Salón Viñetas desde o Atlántico

Este ano, o décimo sexto na historia do Salón coruñés (nos que, por certo, sempre estivo presente Komic Librería), comezaba coa novidade de celebrarse de xeito simultáneo á Feira do Libro de A Coruña (na que tamén participamos, por suposto).

Xaime Lis na caseta de Komic Librería no Salón Viñetas desde o Atlántico

Isto implicaba dúas modificacións importantes respecto a edicións anteriores: a primeira, a maior duración do festival, da semana tradicional pasamos a once días, e a segunda é que comezou antes ca nunca. E deste xeito, o xoves 1 de agosto atopabámonos xa na cidade herculina, na Rúa da Bd, que é como se chama a zona onde as librerías e as editoriais temos os nosos postos de venda, xunto a Man, o noso colaborador habitual neste evento.

Man na caseta de Komic Librería na Feira do Libro de A Coruña

Como era de agardar, estes cambios en relación a outros anos fixeron que nos primeiros días a afluencia de público non fora moi numerosa, cousa que foi mudando en canto chegou o luns 5, e así durante toda esa semana gozamos dun ambiente festivo e comiqueiro, e mesmo tivemos a visita da mesmísima Princesa Leia, personificada na pequecha Mariona!

Xaime Lis coa Princesa Leia Mariona

Para nós estar en Viñetas é reencontrarnos con colegas libreir@s, editores, autores... pero sobre todo coa nosa clientela coruñesa, a quen lle estamos ben agradecidos pola súa confianza e fidelidade, e a quen sempre é un pracer ver agosto tras agosto.

Caseta de Komic Librería na Feira do Libro de A Coruña

Entre os autores convidados este ano temos que destacar a Max, un dos historietistas máis importantes da banda deseñada nacional nos últimos 40 anos, cunha traxectoria coherente e admirable, e que tivo a amabilidade de honrar o noso posto na Feira do Libro de A Coruña realizando unha sesión de sinaturas, especialmente de Paseo astral, que fixo as delicias d@s amantes da súa arte.

Max na caseta de Komic Librería na Feira do Libro de A CoruñaMax na caseta de Komic Librería na Feira do Libro de A CoruñaMax na caseta de Komic Librería na Feira do Libro de A Coruña

Max mesmo chegou a coincidir con outro histórico como é o vigués Fran Jaraba, que presentou no Salón o seu último álbum División Azul.

Max, Fran Jaraba e Xaime Lis

Tamén foi presentado, o xoves 8 de agosto, o terceiro tomo da biografía gráfica de Castelao, Máis alá!, coa presenza dos seus autores, Inacio Vilariño e Iván Suárez, e os seus editores, Manel Cráneo e Pío Barreiro. E os máis novos (ou non tan novos) recibiron con ledicia a chegada de Oink!, a nova revista do Xabarín Club, que foi presentada nun divertido acto que contou coa espectacular actuación de Gende Beat a carón do noso querido porco bravo.

Manel Cráneo e Iván Suárez

Outros convidados que pasearon pola Rúa da Bd foron David Aja, flamante gañador de dous premios Eisner por Ojo de Halcón, Enrique Fernández (que ademais estreaba tomo, o primeiro de Brigada) ou Susanna Martín, encantada coa boa acollida que Sonrisas de Bombay tivo entre o público.

Miguel Fernández, Manel Cráneo e Manolo López Poy

Mentras autores da terra como David Rubín, Gochi, Manolo López Poy, Miguel Fernández ou Manel Cráneo asinaban exemplares das súas obras sen descanso, polos postos deambulaban lectores de todas as idades ou mozos e mozas disfrazados de personaxes de manga (cosplay). Os franceses Baru e Frank LeGall ou os históricos Jan e Efepé tamén fixeron acto de presenza no recinto do Salón tras fascinar aos oíntes das súas conferencias.

Cosplay en Viñetas desde o Atlántico

E así, co ollar vixiante de Batman dende as alturas do edificio do Banco Pastor, foron pasando os días ata rematar, un ano máis, Viñetas dende o Atlántico. E outro agosto máis deixamos A Coruña, satisfeitos e agradecidos, agardando xa que chegue a edición do ano seguinte.