Castillo de arena, de Frederik Peeters e Pierre Oscar Lévy: un círculo perfecto

Komic Librería: Castillo de arena


Frederik Peeters convertiuse, por méritos propios e pola aceptación da nosa clientela, nun dos autores fetiche de Komic Librería. Desde que, con só vinteseis anos, debuxara Píldoras Azules, non deixou de crear excelentes obras que foron confirmando que a prematura madurez mostrada naquela primeira gran bd non era froito da casualidade.

Komic Librería: Castillo de arena

Frederik Peeters fixo incursións en diversos xéneros: realismo, serie negra, ciencia ficción, realismo máxico e ata unha serie para o público xuvenil, sempre a transcender o xénero e levando máis aló un discurso persoal e imaxinativo.

Komic Librería: Castillo de arena

Castillo de Arena é unha parábola existencial da que non poderemos contar moito, porque é o lector o que debe ir descubrindo por si mesmo o lugar ao que nos conducen estas páxinas, se é que realmente nos levan cara algures.

Komic Librería: Castillo de arena

Arriba, viñeta de Castillo de Arena.
Abaixo, vista da praia de Gulpiyuri (Asturias).

Os feitos transcorren nun lugar moi pintoresco e curioso, unha praia rodeada de terra por todas partes. A auga entra por unha gruta , polo que a panorámira aérea que se nos ofrece na primeira viñeta resulta moi sorprendente, como a perspectiva que teremos dende o propio areal e máis ao saber que... ¡¡¡a praia existe!!! Chámase Gulpiyuri, e está situada entre a costa de Llanes e Ribadesella (Asturias).

Komic Librería: Castillo de arena

Arriba, viñeta de Castillo de Arena.
Abaixo, vista da praia de Gulpiyuri (Asturias).

Este recurso de comezar cunha vista aérea que logo se vai aproximando para centrar a acción nunha localización máis concreta xa o tiñamos visto antes noutros títulos de Peeters, pero aquí ten máis razón de ser. O mesmo poderiamos dicir de certo tipo de viñetas que antes non considerabamos imprescindibles ou só reguladoras de ritmo, e que agoran cobran un significado máis fondo. En moitas destas interpretacións coincidimos con outros lectores, polo que sacamos a conclusión de que as ideas que, cremos, o autor quería transmitir en Castillo de Arena chegaron con nitidez aos seus destinatarios.

Komic Librería: Castillo de arena

O guión venlle como anel ao dedo para pechar un círculo perfecto, polo que se podería dicir que esta é a obra máis redonda do autor. Non deixará a ninguén indeferente, pero pode deixar a moitos a sensación de estar a tragar area.


Komic Librería: Castillo de arenaCastillo de arena
Frederik Peeters / Pierre Oscar Lévy

Astiberri
Tomos: 1