Cleveland, de Harvey Pekar e Joseph Remnant: unha obra convincente e fermosa

Komic Librería: Cleveland


Sen temor a equivocarnos podemos dicir que este Cleveland, obra póstuma de Harvey Pekar, resulta tan convincente e fermoso como o máis salientable da súa prolífica produción. Parte deste mérito é debido ao minucioso traballo do novo e talentoso ilustrador Joseph Remnant, o que lle valeu para ser nominado ao Premio Eisner 2013 na categoría de mellor debuxante.

Komic Librería: Cleveland

O seu xeito de facer artesanal lembra de maneira inevitable ao mestre Robert Crumb, aínda que isto non conleva falta de personalidade. Paisaxes urbanas, coches, retratos, etc. son tecidos con trazos apretados e nítidos que fan agromar un estilo propio que nos deixa con ganas de coñecer máis do que ten feito ata o de agora.

Komic Librería: Cleveland

Cleveland está prologado nada máis e nada menos que por Alan Moore, do que algún dos nosos komiqueiros habituais chegaron a dicir que podería aspirar ao Nobel de Literatura pola súa magna e exquisita obra. Resulta curioso que, por segunda vez, sexa requerido este británico para facer o prólogo dun libro que versa sobre a historia de Norteamérica. O seu texto céntrase no autor, máis que na obra en sí e, ao igual que acontecía en Reyes Disfrazados, espreme cada unha das súas palabras e das súas frases para definir coma ninguén o fixera ao ferozmente orixinal e consumado autor de American Splendor.

Komic Librería: Cleveland

O guión adica as súas primeiras corenta páxinas a contarnos a historia de Cleveland dende a súa fundación. En 1795 os primeiros colonos arrebataron a zona aos nativos americanos debilitados tras derrotas en anteriores batallas. Gustóunos unha viñeta na que mostra como en 1811, dezaseis familias construíron a primeira biblioteca e a partir de aí o crecemento progresivo do emplazamento. A cidade chega aos 93.000 habitantes en 1870 e aos 560.000 en 1910.

Komic Librería: Cleveland

Certa desorde cronolóxica na narración da evolución urbana, intercalando experiencias persoais, acada crear unha atmósfera lixeira e amena e un ritmo tranquilo moi axeitado á tonalidade da obra. Sen contemplacións vainos mostrar tamén sucesivos momentos de declive e as recesións que minguarán a poboación e as súas condicións de vida, algo co que, sen lugar a dúbidas, identificaremos coa actualidade que nos toca vivir, e que nos dá unha perspectiva histórica á que nunca debemos dar as costas.

Komic Librería: Cleveland

Xa nos se volverá ver a figura inclinada e de ombreiros cargados de Harvey Pekar polas rúas de Cleveland, mais sería de xustiza que, co paso do tempo, as súas ideas e os seus cómics acadaran o recoñecemento e o respecto que a maioría dos seus compatriotas non lle souberon dar. Nós honrarémolo deixando este Cleveland nun lugar prominente dos nosos andeis ata que a morte nos separe.


Komic Librería: ClevelandCleveland
Harvey Pekar / Joseph Remnant

Gallo Nero
Tomos: 1