No puedes besar a quien quieras, de Sowa e Revel (Ou iso é o que che queren facer crer)

Komic Librería: No puedes besar a quien quieras


Ante un título coma No puedes besar a quien quieras, unha frase negativa que ademais é unha prohibición, non sería estraño que o lector adoptara unha postura un tantro prexuizosa. Tal actitude será lixeiramente corrixida pola súa portada, que mostra que a acción á que se refire, e polo tanto o libro, está protagonizada por nenos.

Komic Librería: No puedes besar a quien quierasMarzena Sowa dá mostras de unha guionista que ten moi claro o que quere contar e como o quere facer. Chegada ao mundo da banda deseñada de xeito accidental, coñecímola a través de Marzi (Norma Editorial), un autorretrato da súa nenez, aínda sen rematar, que debuxa a súa parella Sylvain Savoia, e que ao mesmo tempo é unha visión moi válida da Polonia na década dos oitenta.

Komic Librería: No puedes besar a quien quieras

Agora constrúe unha historia de realismo semellante ambientada tamén no seu país pero unhas décadas antes e cun carácter máis universal, xa que podería ter transcorrido en calquera dos países do Bloque do Leste antes da caída do muro de Berlín. A pretensión non é documentalista e Marzena consegue facernos reflexionar sobre a represión, o adoutrinamento, a castración do pensamento e da liberdade individual, e a maior consecuencia que todo isto tén na sociedade e sobre todo nos nenos: o medo.

Komic Librería: No puedes besar a quien quieras

Aínda así ensínanos tamén as míseras condicións de vida da gran maioría da poboación durante décadas, nin unha cousa nin outra son alleas ao que nese mesmo período acontecía no noso país e por mágoa ao que hoxe segue a pasar en moitos países nos que están enquistados gobernos totalitarios.

Komic Librería: No puedes besar a quien quieras

Pero os nenos son sempre motivo de esperanza e algún adulto, aínda nas circunstancias máis adversas, apostará por orientar a súa educación, as súas vocacións e as súas ganas de vivir.

Komic Librería: No puedes besar a quien quieras

A debuxante francesa Sandrine Revel encargouse de plasmar en imaxes os ambientes pobres e opresivos que se manteñen durante todo o libro. Nunha curta viaxe visitou Polonia acompañada de Marzena para coñecer un país que moito mudou nestes últimos anos, no que a xente nova non quere mirar cara atrás e os maiores non poden esquecer o que viviron.

Komic Librería: No puedes besar a quien quieras

Se xa gozaramos moito coa lectura de Marzi, esta obra, editada en Francia hai un par de años, serve para nos confirmar que unha gran guionista polaca veu para se quedar. En 2012 as súas memorias de infancia foron nominadas ao premio Eisner coma mellor álbum baseado nun feito real. Animamos aos editores de La Cúpula a apostar polas seguintes obras desta autora porque, sen dúbida, serán unha aposta segura.


Komic Librería: No puedes besar a quien quierasNo puedes besar a quien quieras
Marzena Sowa / Sandrine Revel

La Cúpula
Tomos: 1