RECOMENDACIÓNS PARA OS REIS MAGOS: OS NOSOS CÓMICS NACIONAIS E INTERNACIONAIS PREFERIDOS DE 2022

alt


Tras contestar á petición do Apalpador e facer unha listaxe coas nosas obras galegas preferidas entre as editadas este ano achegámonos agora ata os títulos de procedencia nacional e internacional que máis nos gustaron (a nós e á nosa clientela), algo polo que xa nos preguntara Papá Noel pero tamén Melchor, Gaspar e Baltasar.  Como non houbo tempo de contestarlle ao primeiro pero si aos segundos aquí vos deixamos unha ducia de obras seleccionadas entre a excelente colleita deste ano.  Como adoita pasar con estas seleccións non están todas as que son, pero son todas as que están.  Agardamos que aos Reis Magos lles sexa de utilidade… 

Entre os magníficos álbumes aparecidos neste 2022 escollemos estes seis de autoría nacional:


alt

SOY LA MALINCHE
Alicia Jaraba Abellán
Nuevo Nueve

Para nós o libro do ano, a magnífica presentación desta autora viguesa no mercado nacional vainos levar ata unha documentada ficción histórica arredor da controvertida figura da Malinche, a intérprete de Hernán Cortés.  Un relato de aventuras estupendo, pero tamén unha obra reivindicativa e empoderadora sobre procurar o noso lugar no mundo.


altTRANSITORIOS

Nadar
Astiberri

Nadar, un dos autores españois máis interesantes da última década, regresa á autoría total con esta obra costumista que rebosa humanidade nos catro relatos que a conforman.


FATTYalt

Julien Frey y Nadar
Astiberri

Outra obra de Nadar, pero nesta ocasión ilustrando o guión do francés Julien Frey sobre a pouco coñecida historia de Fatty Arbuckle, o primeiro rei de Hollywood que posteriormente caeu en desgraza ata ser eliminado case por completo da historia do cine.


alt

LOBA BOREAL
Nùria Tamarit
La Cúpula

A autora de Vila-real, asentada como un dos nomes imprescindibles da banda deseñada actual, presenta unha historia de aventuras cun aquel fantástico ambientada en Alaska e protagonizada por unha afouta rapaza, sempre co seu fermoso e inconfundible estilo gráfico.


alt

COSMIC DETECTIVE
Jeff Lemire, Matt Kindt y David Rubín
Astiberri

A outra gran novidade que nos achegou David Rubín, ademais de O Lume -da que xa falamos na nosa selección de obras galegas-.  Aquí amosa todo o seu potencial visual nun emocionante e espectacular thriller interdimensional con guión de dous dos autores estadounidenses máis salientables a día de hoxe.


alt

BAÑOS PLEAMAR
Isaac Sánchez
Dolmen

Unha das sorpresas máis agradables deste ano, unha proposta honesta e fascinante sobre as lembranzas dun cativo no negocio familiar, un peculiar establecemento dos moitos que floreceron na costa de Badalona nos anos oitenta e noventa e que aunaban restaurante e piscina na beira de praias non moi recomendables para o baño pola contaminación das súas augas.  Unha historia moi ben plantexada que é a historia do propio autor e da súa familia.


E respecto ás publicacións de procedencia internacional:


alt

HIERBA
Keum Suk Gendry-Kim
Reservoir Books

Unha lectura dura pero moi necesaria onde asistimos ao testemuño de Lee Ok-Sun, unha muller coreana que sobreviviu a unha vida moi difícil na que foi obrigada a ser unha escrava sexual por parte do exército xaponés.  Un título que entroncamos directamente con obras como Maus pola importancia do que se nos conta e pola delicadeza coa cal se nos narra.


alt

ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE ENERO
Bastien Vivès
Diábolo

Cun estilo narrativo maxistral o enfant terrible da bd francesa presenta unha historia de atracción entre un autor de cómics e a muller dun fan nun escenario imponente, o festival de Angoulême, o evento máis importante da historieta europea.


alt

EL PINTOR FORAJIDO
Frantz Duchazeau
Ponent Mon

Co seu particular e dinámico estilo Duchazeau achéganos á historia de Lazare Bruandet, un pintor francés paisaxista de finais do século XVIII, un personaxe fascinante que ademais da pintura ten como paixón a súa pericia coa espada.


alt

EL JOVEN LUDWIG
Mikael Ross
Reservoir Books

Unha obra que abala entre o retrato social e biográfico e a comedia máis disparatada, unha curiosa e efectiva mestura que nos propón este autor alemán para falar dos primeiros anos da vida do xenial Beethoven.


alt

ALGUIEN CON QUIEN HABLAR
Grégory Panaccione

Ponent Mon

Nesta adaptación dunha novela de Cyril Massaretto o debuxante de Un océano de amor presenta un fermoso e reconfortante relato de realismo máxico que transmite optimismo e a necesidade de crer en nós mesmos. 


alt

ESCUCHA, HERMOSA MÁRCIA
Marcelo Quintanilha
Astiberri

Nesta historia multipremiada o autor brasileiro afincado en Barcelona mergúllanos na realidade dunha enfermeira residente nunha favela de Rio de Janeiro, o conmovedor e interesante retrato dunha muller, nai e obreira.