Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en maio de 2014

Top 10 de Komic Librería


Como é habitual, hoxe vos traemos o noso persoal resumo das novidades aparecidas durante o mes de maio, unha pequena selección chea de títulos interesantes, un par de reedicións imprescindibles e varios número un que prometen moito. Unha morea de lecturas moi recomendables e variadas, a ver que vos parecen...


10

Ojo de Halcón #2Ojo de Halcón #2
Matt Fraction / David Aja / Javier Pulido / Steve Lieber
Panini Comics

Segunda entrega desta novidosa ollada sobre o mellor arqueiro do universo Marvel, unha visión máis persoal e realista do habitual nos tebeos de superheroes, cun gran traballo gráfico por parte de dous dos autores españois con máis éxito do momento: David Aja e Javier Pulido.


09

Fiz nos biosbardosFiz nos biosbardos
Kiko da Silva
BD Banda

Tras unha longa espera volve estar dispoñible este título, auténtico best-seller da banda deseñada galega protagonizado polo neno máis porco do mundo, Fiz, un auténtico amante dos mocos e das cacolas. Humor e escatoloxía moderada neste álbum infantil para todas as idades.


08

El hombre al que no le gustaban las armas de fuego #1El hombre al que no le gustaban las armas de fuego #1
Lupano / Salomone
Norma Editorial

Extravagante western de intrigas e intereses ambientada nos derradeiros anos do século XIX, protagonizada por un leriante pacifista e un xigantesco europeo á procura dun documento que podería cambiar a historia dos Estados Unidos de América.


07

Manos Kelly (Integral)Manos Kelly (Integral)
Manuel Hernández Palacios
Ponent Mon

A agardadísima reedición, nun magnífico integral, deste western que é un dos cumios da historieta española dos anos setenta, cunha rigurosa documentación e un aquel poético acompañados dun excelente debuxo.


06

Sandman obertura #1Sandman obertura #1
Neil Gaiman / J.H.Williams III
ECC Ediciones

Dezasete anos despois da publicación do derradeiro episodio de Sandman, a mítica serie creada por Neil Gaiman, o guionista inglés decide retomar a historia para contar os acontecementos previos á captura de Morfeo coa que abría a serie orixinal.


05

La cocina de NanetaLa cocina de Naneta
Nob
Dibbuks

A nena protagonista dos exitosos tebeos de Marieta aparece aquí moito despois das aventuras que neles conta, é unha avoa entrañable coñecida como Naneta, pero segue a ser rebuldeira e lambona, polo que coñece unha chea de saborosas e suculentas receitas que comparte connosco neste apetecible e divertido tomo.


04

Last Man #1Last Man #1
Bastian Vivés / Sanlaville / Balak
Diábolo Ediciones

Nova obra do enfant terrible da viñeta francesa, que nesta ocasión, e acompañado de Sanlaville e Balak, presenta o primeiro volume dunha espectacular serie de acción e combates protagonizada por un neno e por un loitador, con referencias e homenaxes a mangas como Dragon Ball ou Saint Seiya.


03

TerryTerry
VV.AA.
Fulgencio Pimentel

Malia estar xa afeitos, a elegancia e agarimo dos amigos de Fulgencio Pimentel á hora de editar volve ser unha agradable sorpresa. Desta volta con esta fermosa e coidadísima escolma na que recollen obras de autores tan interesantes e variados como Olivier Schrauwen, Jim Woodring ou os galegos Los Bravú.


02

La mondaine #1La mondaine #1
Zidrou / Jordi Lafebre
Norma Editorial

Unha vez máis o guionista belga volve cativar con este relato ambientado no París ocupado, durante a Segunda Guerra Mundial, e protagonizado polos compoñentes da Brigada Policial contra a Prostitución (chamada popularmente la mondaine). Primeiro tomo dunha serie de dous na que Zidrou volve traballar co magnífico debuxante español Jordi Lafebre, tralo éxito que tivo a súa obra Lydie.


01

Las guerras silenciosas
Jaime Martín
Norma Editorial

Las guerras silenciosas

O experimentado historietista demostra unha vez máis a súa madurez creativa co excelente retrato que fai das experiencias vividas polo seu propio pai durante o servizo militar, no Marrocos dos anos sesenta. Falamos dela hai moi pouquiño na nosa páxina, e podedes ler aquí o noso comentario.