Participa ata o 31 de decembro no sorteo dunha caixa chea de cómics

07/10/2020

Sorteo PEIC


Atención, comunidade komiqueira: ata o 31 de decembro poderedes participar na estupenda iniciativa da PEIC, o sorteo dunha caixa repleta cunha selección de títulos variados e interesantísimos.

 

Abraiante promoción para «Saphari», a nova obra de Miguel Ángel Martín

02/10/2020

Saphari


O vindeiro 19 de outubro sae á venda Saphari, unha nova novela gráfica obra do leonés Miguel Ángel Martín, un autor de estilo persoal e inconfundible que forma parte fundamental do panorama da ilustración española das últimas tres décadas, e a quen moito coñeceredes por títulos como Brian the Brain ou Rubber Flesh.

 

Víctor Boullón presenta «Aleida II. Cruzada» en Komic Librería

23/09/2020

Aleida II. Cruzada


O venres 25 de setembro, a partir das 18:00 horas e respectando os protocolos axeitados á situación que estamos a vivir, contaremos coa presenza na libraría de Víctor Boullón. O autor presentará e asinará exemplares do cómic Aleida II. Cruzada, segunda entrega da serie de aventuras ambientada na Compostela do século XII, coeditada por Demo Editorial e Komic Librería.

 

Komic Librería, na Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico 2020

31/07/2020

Komic Librería en agosto


Durante o mes de agosto, como cada ano, pecharemos as portas de Komic Librería para realizar a nosa tradicional migración cara terras coruñesas. Alí nos poderedes atopar en dúas citas komiqueiras estivais de referencia: a Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico. Ámbolos dous eventos contarán con protocolos axeitados aos tempos que vivimos, para garantir tanto a vosa seguridade como a nosa, así que animádevos a acudir.

 

Selección de cómics para celebrar o Día do Libro 2020

23/07/2020

Mermaid Project


Ao longo do ano hai unha xornada especialmente sinalada para a comunidade libreira, unha data onde celebramos a existencia dun artefacto tan máxico e marabilloso como é o libro. Tradicionalmente festexamos este día, o Día do Libro, o 23 de abril, como conmemoración do pasamento de Cervantes e máis de Shakespeare. Este ano, evidentemente, non foi posible levarlo a cabo, así que se tomou a decisión de adíalo ata hoxe, xoves 23 de xullo.

 

4/63