Top 10 de Komic Librería: Selección de novidades editadas en xullo de 2013

Top 10 de Komic Librería


Pensabades que por estar lonxe do fogar iamos faltar aos nosos deberes mensuais? Pois non! Aquí vos deixamos un novo Top 10 de Komic Librería, o ranking no que presentamos as novidades editoriais máis selectas de todas as aparecidas durante o pasado mes de xullo.


10

El perro enamorado de las estrellasEl perro enamorado de las estrellas
Takashi Murakami
Ponent Mon

Unha dura pero entrañable lectura na que o autor narra a historia de amizade entre un can e un home sen esperanza.




09

ResetReset
Peter Bagge
La Cúpula

Bagge continúa a diseccionar, co seu característico humor acedo e irónico, as outras vidas que nos ofrece o noso presente tecnolóxico, centrándose neste caso na realidade virtual.


08

LobeznoLobezno
Larry Hama / Marc Silvestri
Panini

Posiblemente a mellor etapa da colección en solitario do mutante coas gadoupas máis famosas do mundo. Publicada orixinariamente na primeira metade dos noventa, esta etapa é rescatada agora nun tomo de luxo que fará as delicias d@s amantes do canadiense.


07

Johan y Pirluit - La flauta de los PitufosJohan y Pirluit: La flauta de los Pitufos
Peyo
Norma

A primeira aparición dos Pitufos, como personaxes secundarios nunha das xeniais aventuras de Johan e Pirluit (unha das grandes debilidades de Xaime, por certo). Humor e aventura para todos os públicos.


06

Superlópez - El ladrón del tiempo Superlópez: El ladrón del tiempo
Jan / Efepé
Ediciones B

A última obra do superheroe patrio máis divertido e querido, involucrado nesta aventura nunha viaxe atrás no tempo na que aparecen sorprendentes convidados...


05

El empalmado locoEl empalmado loco
Moebius
Norma

Por primeira vez en cor no noso país, esta historia é unha das máis subrrealistas creadas polo xenio francés.



04

La marcha del cangrejo, tercer volumen: La revolución de los cangrejosLa marcha del cangrejo #3:
La revolución de los cangrejos

Arthur de Pins
Dibbuks

Derradeiro tomo da triloxía traxicómica que sobre a evolución dunha especie de queimacasas realiza Arthur de Pins. Elegancia e estilo nunha obra que é moitísimo máis do que parece. Podedes ler a reseña que lle dedicamos aquí.


03

El libro de los insectos humanosEl libro de los insectos humanos
Osamu Tezuka
Astiberri

Outra obra mestra do xaponés Tezuka, que nos fascina neste caso cunha intrigante historia ao redor dunha auténtica femme fatale.



02

Komic Librería: El cuento de una rata malaEl cuento de una rata mala
Brian Talbot
Astiberri

A fuxida dunha adolescente convertirase nunha viaxe iniciática e catártica na que procurará o seu lugar no mundo. Todo un tebeazo que xa comentamos nesta páxina.



01

Criminal. Integral #1
Ed Brubaker / Sean Philips
Panini

Criminal. Integral 1

Delicatessen, unha das mellores obras do xénero negro na novena arte, agora dispoñible nun fabuloso integral (que recolle os primeiros tres tomos da serie) cheo de interesantes extras, entre os que se inclúen historias inéditas.